OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA CON SANTY GUTIÉRREZ NA BIBLIOTECA CENTRAL DE CAMBRE
Trátase de que cada participante realice a súa propia páxina de cómic, disfrute debuxando e aprenda os recursos de expresión do cómic.
Excelente obradoiro o impartido o 21 de abril por Santy Gutiérrez, onde intercala teoría e práctica a medida que vai artillando a páxina. Desenvolve a actividade dunha maneira moi didáctica, pois partindo dunha práctica real, vainos achegando á linguaxe do cómic.
Comeza facendo un paralelismo coa linguaxe do cinema que vai comparando coa linguaxe do cómic.
Reparte aos participantes un folio cunha historia situada no ano 1367 que haberá que convertir nunha páxina de cómic. Hai un guión literario e un guión técnico, co que debe ir en cada viñeta. Cada mozo/a haberá que ir seguindo este guión.
Unha vez lido o texto, debemos centrarnos no deseño dos personaxes, fixarnos nas súas características e mantelas ao longo das viñetas, tendo en conta a época na que se desenvolve o texto.
Sinala a importancia da distribución de cada viñeta. Primeiro situar os textos e encerralos en “bocadillos”. Vai aproveitando para comentar os diferentes tipos de bocadillos, dependendo de cada situación, as onomatopeias, os diferentes planos…
Obradoiro eminentemente participativo e sen dúbida moi recomendable.
Séguenos