NOVA MAXIA PARA TODOS
O día 23 de xullo ás 20.30h. achegouse ao Pereiro de Aguiar o mago Pedro Bugarín, que nos ofreceu un espectáculo de maxia combinado con humor, que lles encantou tanto a nenos e nenas, como aos adultos.
O día 23 de xullo ás 20.30h. achegouse ao Pereiro de Aguiar o mago Pedro Bugarín, que nos ofreceu un espectáculo de maxia combinado con humor, que lles encantou tanto a nenos e nenas, como aos adultos.
O pasado venres 25 de setembro estivo no Pereiro de Aguiar o Mago Teto co seu espectáculo “A incrible historia da maxia”, co que que deixou abraiados aos asistentes, tanto aos máis pequerrechos como aos maiores.
Sen dúbida foi unha xornada divertida e chea de maxia!
O Teatro Calavera estivo no Pereiro de Aguiar o día 4 de setembro coa actuación ” O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa: Chocolate”.
A protagonista desta historia achegou aos asistentes ao deserto, países diferentes, con animais diferentes, e vestimentas diferentes. Os nenos e nenas puideron escoitar esta historia e achegarse a
estas terras fantásticas a través dos debuxos que relataban esta fermosa actividade.
O día 27 de setembro acercouse ao Pereiro de Aguiar A Pirata Escarlata con fantásticas aventuras, rapazas que capitanean perigosos barcos piratas…, rapaces que pilotan naves espaciais…, nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas.
O día 6 de setembro acercouse ata Pereiro de Aguiar Daniela Pirata para amosarnos que todos somos iguais.
O 18 de xullo achegouse á Escola Infantil do Pereiro de Aguiar, Pablo Díaz, quen coa súa voz e distintos instrumentos como a guitarra ou a frauta, amosoulle aos nosos nenos e nenas unha divertida maneira de “cantar” os seus contos favoritos. Sen dúbida foi unha sesión divertida e relaxante da que os máis pequenos gozaron moito.
O luns día 1 de outubro a compañía Sarabela Teatro levounos de viaxe coa súa maleta e unha caixa chea de aventuras.
O mago Pedro Bugarín na actuación no Pereiro de Aguiar “Mundo máxico 3.0” deixou abraiados a pequenos e maiores.
A música e os contos son unha combinación perfecta para animar a todos os asistentes.
Séguenos