Ler para crer na Biblioteca Maria Pita de Cambre

No día de hoxe Joshua Kenneth presentou un espectáculo de ilusionismo e maxia na biblioteca coa participación de nais e pais no que todos quedamos abraiados.

No día de hoxe Joshua Kenneth presentou un espectáculo de ilusionismo e maxia na biblioteca coa participación de nais e pais no que todos quedamos abraiados.
Onte Martes 15 de outubro, deleitounos a compañía BANDULLO AZUL con contos narrados por unha invitada moi especial chamada Filipa acompañada de Fran Campos, quen ao ritmo da súa guitarra, fixo participar á rapazada con xogos de memoria cantados. Un éxito de participación e diversion.


A Compañía Garabullo escenificou a historia de Pirula e o Misterio das abellas nun fin de semana moi doce neste concello, onde Ler Conta Moito escolleu a temática das abellas coincidindo coa 37ª edición da Feira do Mel no Valadouro. Ademais dos monicreques comandados por Helder o público
infantil puido aproveitar un divertido obradoiro de chapas de imanes.
O MARTES 8 de outubro, visitou a Biblioteca de O Froxel “Fco.A.Vidal”- ARTEIXO – PACO NOGUEIRAS-, cunha actividade desenvolvida a través da música, contando con cancións moitas das seccións do xornal !EXTRA!! . Gran participación da rapazada bailando e facendo coros.




Hoxe pasou pola Biblioteca central María Pita un profesor de ciencias que ensinou aos rapaces e rapazas a relación que existe entre ciencia e malabares, deixando abraiado ao público asistente.
O martes, 8 de outubro, desfrutamos con Antón Ke e Tania Solla admirando e participando dun conto ilustrado e poemas musicados ao ukelele sobre a obra “A gaita galega” de Xoan Manuel Pintos. Ademais de pasalo moi ben esta actividade fíxonos reflexionar sobre a importancia do entendemento e o uso da nosa lingua.

O venres, día 4 de outubro, nos visitou Cé Orquestra Pantasma e desfrutamos da súa música e cancións.

Foi unha tarde moi divertida na que nenas e nenos menores de 4 anos , e tamén os pais e nais que os acompañaron, cantaron, xogaron, bailaron e incluso tocaron instrumentos artesanais cos que axudaron a Cé a facer a súa música. Fermosa experiencia musical da que todas e todos saímos cun sonriso.




Betty, acompañada por Carmen ao piano, cantou promovendo a participación do público. Utilizou o inglés e o galego para potenciar as actividades en grupo valorando o feito de que cada persoa é diferente.
Para rematar, as crianzas fixeron un debuxo colectivo.
Este sábado tivemos unha misión do máis divertida na Selva Pitiminí, na que todos os participantes acabaron converténdose en auténticos exploradores a través do teatro, xogo e baile
.


Séguenos