Trinke-Trinke Teatro con … O ratiño Presumido na Biblioteca Municipal de Meis

A importancia de que nos coidemos persoalmente e que coidemos as relacións cos demais. Nais e pais axudan na representación dos persoaxes.

A importancia de que nos coidemos persoalmente e que coidemos as relacións cos demais. Nais e pais axudan na representación dos persoaxes.
O 27 de outubro tivemos na biblioteca un contacontos da compañía Trinketrinke titulado O ratiño presumido, no que tanto nenos como maiores disfrutamos escoitando contos, cantando e bailando. Estas son as fotos e video da actividade:

O 24 de outubro celebramos o Dia da Biblioteca con nenos de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe de Ribadavia cun contacontos do programa de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero titulado Sen medo da compañía Trécola Teatro. Asi de ben o pasaron:




O pasado venres, 25 de outubro, a ALM de Carnota acolleu o espectáculo O ratiño presumido, da compañía Trinke Trinke. Co rato Fuco e mais coa súa amifa Faifá, chegados de Lonxedetodo, e coa colaboración de mamás e papás, desfrutamos dunha tarde de contos que, de forma sinxela e divertida, afondan na educación non sexista e na ruptura dos estereotipos de xénero.

O sábado 26 os máis pequenos desfrutaron desta combinación de bonecos, música e contos que trouxo Animar-t. E non solo os bebés o pasaron estupendo con photocall incluido que xa quixera para só a cerimonia dos Óscar.


A compañía Bandullo azul achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente unha nova sesión de contos, a terceira da compañía de clown e teatro “Bandullo Azul”, con Filipa como protagonista. En esta ocasión recollemos contos dos cinco continentes co fin de narrar a viaxe que a nosa amiga fixo por terra, mar e aire arredor do mundo: América, Oceanía, Asía, África, Europa e de novo na casa. Todos son contos tradicionais e populares acabando con un conto galego. Seguimos coa idea de aportar ademáis de contos, músicas, que en esta ocasión tamén chegarán doutros países. Ademáis das historias, Filipa contará anécdotas da viaxe, as linguas que se falan por outras terras… trae unha maleta chea de historias!

Para celebrar o Día das Bibliotecas, veu visitarnos O Bardo Abelardo para compartir con nós a música das árbores. Música e Natureza para diversión de todos os que alí estabamos.



“Hai algo máis aburrido que ser princesa?” e, a continuación, “Cando as nenas voan alto”, foron as narracións que Pedro Brandariz, co seu peculiar e divertido estilo, dramatizou para o público asistente, provocando a reflexión sobre a desmitificación dos estereotipos de xénero.
Teatro en Punto estivo en Láncara coa sua actividade de divulgación do coñecemento “O PC non é un ordenador”. Grazas ás dúas actrices-relatoras puidemos coñecer o concepto de Patrimonio Cultural, tanto material como inmaterial, a estar atentos ao noso redor e a poñelo en valor.
Petróglifos, mámoas, asentamentos e unha ponte romana, escudos, igrexas de diferentes épocas, persoeiros ilustres… Láncara é moi rica en patrimonio cultural. Se abrimos os ollos e facemos as preguntas adecuadas, contribuiremos a que perdure no tempo o xa herdado grazas aos nosos devanceiros. Os cambios están nas mans das nosas crianzas e mocidade, pero tamén conservar e legar de novo o patrimonio e tradicións.


Séguenos