Radio Bule Bule na ALM Xosé Neira Vilas de Touro
O mércores 24 de xullo emitimos dende Touro un novo programa, Radio Bule Bule, todo un universo musical da man de Paco Nogueiras.

O mércores 24 de xullo emitimos dende Touro un novo programa, Radio Bule Bule, todo un universo musical da man de Paco Nogueiras.

O mércores 24 con motivo das festas patronais de Covelo visitounos Magín Blanco nos arredores da biblioteca, co espectáculo musical”Camiños”, interpretando temas propios para un público familiar.


Que en Carnota somos superfans de Pablísimo non é novidade ningunha. Confirmadísimo!
O pasado mércores gozamos a máis non poder cos seus Contos con ovos, un conxunto de historias breves vertebradas arredor dos ovos e do que sae deles. Unha contada dinámica e orixinal, enriquecida cunha coidada escolla de materiais e coa mestría do narrador que, novamente, fascinou a xente miúda, e a menos miúda tamén, dende o minuto cero.
Será posible que sempre nos deixe con gana de máis? Pois si… é posible!


O domingo 21 Pakolas visitou As Pontes co seu espectáculo muiscal Cores, contos e Rock’n’Roll. Nestas xornadas nas que o bo tempo nos permite trasladar a biblioteca ao parque, desfrutamos da boa música e da enerxía que sempre nos trae Pakolas. Ademais nesta ocasión tamén dos debuxos de Laura Romero que aos nenos e nenas das Pontes encantáronlles.
O 11 de xullo tivemos doble sesión de actividades na biblioteca. As 11 h. nenos dos campamentos de verán de Bolboretas e Concello e do campamento de pintura de Rocio, mais nenos da vila, asistiron a un contacontos teatralizado da man da compañía Elefante Elegante coa obra “Lobo Bobo” e pasárono xenial.Programa Ler conta moito. Estas son algunha das fotos. Mais nas redes sociais
https://www.facebook.com/bibliotecaribadavia.ribadavia/ https://twitter.com/BpmRibadavia


View this post on InstagramA post shared by Biblioteca Rego da Balsa (@bibliocarballo) on
Nesta ocasión, e como acontece sempre con Pakolas, o seu espectáculo “Cores, contos e Rock’N’Roll” estivo cheo de ritmo e enerxía.
Veu acompañado da ilustradora Laura Romero e quedamos encantad@s coa súa visita, que serviu de inauguración para a terceira xornada da Praza dos Libros.

O 18 de xullo achegouse á Escola Infantil do Pereiro de Aguiar, Pablo Díaz, quen coa súa voz e distintos instrumentos como a guitarra ou a frauta, amosoulle aos nosos nenos e nenas unha divertida maneira de “cantar” os seus contos favoritos. Sen dúbida foi unha sesión divertida e relaxante da que os máis pequenos gozaron moito.

O luns 15 de xullo o mago Javier Muro trouxo ata a biblioteca municipal de Caldas de Reis o seu espectáculo O neno que quería ser mago, un conto de animación onde o teatro e a maxia fixeron que un grupo de nenos e nenas empezaran a semana cunha chea de sorrisos.


O pasado mércores, o mago Javier Muro e os seus pequenos e pequenas aprendices inundaron de maxia a ALM de Carnota, co espectáculo Xogando coas palabras. O factor sorpresa e o humor son son dúas das claves deste espectáculo de maxia infantil, creado a partir de palabras e números elixidos ao chou, co público como auténtico protagonista.
Sintonizamos Radio BuleBule na Biblioteca de Xermade
Actuación chea de música en galego, de cancións pegadizas inspiradas nas ondas da radio


Séguenos