Espectaculo “La cabeza del dragón” de Títeres Cachirulo
A actuación realizouse na tarde do día 10 de setembro na parroquía de András, dado o aforo límitado da Axencia de Lectura trasladouse o exterior. Gran asistencia de público todo un éxito.

A actuación realizouse na tarde do día 10 de setembro na parroquía de András, dado o aforo límitado da Axencia de Lectura trasladouse o exterior. Gran asistencia de público todo un éxito.


Nun ambiente moi ledo e relaxado, foi narrada a historia do Xigante e todas as fases de este evento foron debullándose sen case sentir.
A actividade está baseada no conto de Oscar Wilde “O xigante egoísta”, e presta especial atención ao valor moral de compartir, de desfrutar compartindo o que temos, neste caso un precioso xardín. Gustou a pequenos e maiores, obtendo un resultado magnífico ao remate da sesión, todos aplaudiron, a xente miudiña inclusive.
Magnífico!!
O 7 de setembro, Ian & Elisa fixeron disfrutar ao público co seu espectáculo “A maxia dos contos”reunindo maxia e sombras chinescas e usando contos e fábulas como fio conductor facendo que grandes e pequenos disfrutasen dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación.





O mago Pedro Bugarín na actuación no Pereiro de Aguiar “Mundo máxico 3.0” deixou abraiados a pequenos e maiores.

O martes 28 de agosto contamos con esta actividade de dinamización con música, teatro e danza.
Moi entretido, pasámolo xenial. Grazas.


O pasado mércores, 22 de agosto, o Mago Paco volveu encher de maxia a ALM de Carnota, nesta ocasión con Maxia Divertida 2.0, un espectáculo repletiño de sorpresas, que combina contos, xogos, maxia e moitísimo humor.
Quedamos con gana de máis!

O martes 21 de agosto na B.P.M. de San Francisco en Ourense historias para escoitar. Así, estivemos de entretidos.



O xoves 23 de agosto as 19:00h tivemos a visita do Mago Teto na Biblioteca Pública de Ponte Caldelas, que fixo as delicias dos máis pequenos cun espectáculo de maxia brillante.

Actuación Mago Teto Ponte Caldelas.
Ao espectáculo acudiron sobre cen persoas, entre pais e nenos
Co espectáculo Maxia e Libriños, pasamos un rato estupendo na biblioteca onde Leo Leiño nos deslumbrou cos seus trucos de maxia e coas súa divertidisimas historias.

A participacion de todos/as nenos e nenas que quixeron ser axudantes da maga, fixeron que todos e todas o pasaran moi moi ben.


ACTUACION DE TITERES CACHIRULO NA BIBLIOTECA PUBLICA MUNICIPAL DE PONTE CALDELAS.
O martes 21 de agosto as 19:00h tivemos a visita na biblioteca pública municipal de Ponte Caldelas a representación da obra adaptada de Valle Inclán ” A Cabeza Do Dragón”, representada por Titeres Cachirulo. A representación acudiron uns 40 rapaces acompañados por alguns pais que disfrutaron moito coa representacion.


Séguenos