MAGO PEDRO BUGARÍN
Os nenos e nenas da parroquia de Baión disfrutaron dun xenial obradoiro, onde a través da maxia se adentraron nun mundo fantástico converténdose en auténticos magos e magas.

MAGO PEDRO BUGARIN NA A.L.M. DE BAIÓN
Os nenos e nenas da parroquia de Baión disfrutaron dun xenial obradoiro, onde a través da maxia se adentraron nun mundo fantástico converténdose en auténticos magos e magas.

MAGO PEDRO BUGARIN NA A.L.M. DE BAIÓN

Magnífico, como sempre, o espectáculo de Paco Nogueiras. Con el celebramos na Biblioteca Central de Cambre o Día da Biblioteca.

Radio BULEBULE semella un programa radiofónico con música, humor, entrevistas, concursos, baile, cancións e tamén premios. Non falta a súa sintonía de entrada, axenda cultural, tertulia, noticias, sinais horarios ou previsión meteorolóxica.

Vivimos un auténtico programa de radio en directo, moi divertido, onde nenas e nenos son os verdadeiros protagonistas.
Escenario moi ben composto, colorista, presidido por unha enorme, enorme radio e unha mesa de son.
Radio BUBLEBULE está basado no libro-CD-DVD editado por Kalandraka Editora.

Paco Nogueiras conecta moi ben co público. Composicións moi coidadas, cancións moi pegadizas, con moito ritmo que invitan a bailar.
A frescura do seu estilo e o dinamismo que contaxia, fai que este gran compositor e intérprete nunca defraude.


En Brión adiantamos un día a conmemoración do 24 de outubro, Día da Biblioteca, cun divertido serán de animación a cargo de Luís Vallecillo e Celia Figueiras. Un dúo artístico cheo de simpatía que presentou o seu espectáculo “O aniversario da biblioteca”. Unha actividade con música, teatro e danza dirixido a nenos e nenas de tres anos en diante. Contos, cancións, misterios e, por suposto, unha gran torta de aniversario para celebrar que a biblioteca cumpre un ano máis!
E que mellor ocasión para facelo que con motivo do Día da Biblioteca, unha data que cada 24 de outubro dende 1997 pretende facer visible entre a cidadanía a labor das bibliotecas, os seus servizos e recursos. Tamén o seu papel coma punto de encontro de lectores coa cultura, a información e o lecer.
Celtia e Luís reuniron durante aproximadamente unha hora a case 40 persoas, entre crianzas e pais, que participaron nunha celebración moi especial, festiva e participativa que rematou cunha merenda con torta de aniversario incluída.
Unha sesión de animación que deixou un bo sabor de boca entre todos os participantes. Unha actividade que contou co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.



23 de Outubro na Biblioteca Municipal de A Rúa
CHOCOLATE” con “TEATRO CALAVERA”. Actividade rematada con un sabor moi doce. Participaron 32 nenos de 5 anos do Colexio Manuel Respino e 12 adultos. Os nenos coñeceron o froito do cacao con unha historia moi divertida, o final o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa conseguiron o mellor chocolate coa receita sacada dun libro. Os nenos coa axuda dos animadores realizaron unhas riquísimas “brochetas” de froitas, que bañaron en chocolate. ¡¡¡Qué ricas estaban!!!. Os nenos querían repetir.
Día 19 de outubro de 2018 das 10 da mañá ata case a medianoite, na biblioteca de Escairón
Na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, despois do éxito acadado nas catro edicións anteriores, volveremos adiantar o Día da Biblioteca e celebrar o Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca, con actividades de moi diverso contido, empezando con visitas escolares ó longo de toda a mañá e non rematando ata case a medianoite.
Este ano acompañáronnos o autor e intérprete Daniel Blanco Chapela de ThemomentoImpro e a narradora Fátima Fernández (ámbolos dous do repertorio do programa Ler conta moito), que visitaron a Biblioteca cun obradoiro teatral a partir de 10 anos e cunha sesión de contos para toda a familia.
Este foi o Programa completo:
Visitáronnos os estudantes de 4º e 5º de Infantil, que aprenderon onde están os libros axeitados á súa idade e como poden lelos ou levalos para a casa. Ademais, os de 5º e 6º de Primaria, aprenderon que, ás veces, nos podemos atopar con libros obsoletos, que conteñen datos incorrectos ou que están en mal estado, polo que despois de escoitar que se poden retirar da biblioteca, axudáronnos a seleccionar de entre algúns dos que tiñamos listos para retirar, aqueles que na súa opinión SI debemos retirar e aqueles que NON. Sorprendentemente, houbo algún bastante deteriorado que recibiu o seu indulto porque é moi divertido, tén debuxos moi bonitos e ademais pode axudar ós máis pequenos a aprender. Algún, aínda que está moi chulo, está demasiado vello e roto, polo que non queda máis remedio que retiralo. Grazas por axudar á biblioteca coa difícil tarefa de expurgo (que é como se chama a esta retirada de libros), pois a opinión dos principais destinatarios dos libros que analizamos é moi importante.

Despois das visitas guiadas do mediodía, ás 17:00, xusto antes de empezar cos obradoiros de tsumami e de imrovisación teatral de Daniel Blanco, tivemos videoconferencia con Loli, a nosa querida monitora de origami desde Escairón a Kioto (Xapón).
Logo da merenda, continuou o obradoiro teatral e tivemos contacontos cunha eiruga moi larpeira, que rematou cun obradoiro de manualidades e un xogo de mesa.
Cando ás 21:00 chegou Fátima Fernández cos seus contos quedamos todos e todas coas bocas e as orellas moi abertas, menudas cousas que nos contou! Superxenial e megafantástico ou megaxenial e superfantástico, en palabras dalgúns participantes.
Despois de cear unhas deliciosas pizzas, adentrámonos no mundo de Harry Potter e o quidditch establecendo un torneo entre todas as casas de Hogwarts.
Rematamos a festa case á medianoite coa promesa de volver á biblioteca atopar novos misterios, aventuras e sorpresas.
Como vén sendo costume, pais e nais tiñan máis ganas de ir durmir que os máis pequenos da casa.
Esperamos que o pasarades ben e que sigades con ganas de visitar a vosa biblio. Nós xa estamos pensando como celebralo o próximo ano.
Agradecemos de corazón a vosa participación nas actividades e esperamos que o pasarades moi, moi ben.
Expresión Produccións achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente un divertido espectáculo de animación á lectura con varios ingredientes: maxia, contos, monicreques, adiviñas, participación diversión e moito máis que que fixeron as delicias do público asistente.

Todos os membros da familia foron introducíndose no mundo máxico dos contos coa axuda dunha maleta máxica e da man dos seres fantástico que nela habitan

O venres 19, para anticiparnos á celebración do día das Bibliotecas, tivemos na nosa Biblioteca Xosé Cardeso Liñares, a actuación do mago Pedro Bugarín. O salón de actos estivo completamente cheo. Espectáculo de maxia maravilloso, por un lado clásico e por outro innovador, con música e referencias á literatura e ao cine, por exemplo Titanic. Tanto nenos como adultos saíron encantados, moitos pequenos con gañas de ser magos de maiores.

O pasado mércores 17 comezamos as celebracións do Día da Biblioteca con Teatro Calavera, que nos trouxo a aloucada historia de amor do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa. Finalizou a actividade cun obradoiro de decoración de madalenas con pasta de azucre.
Pasamos unha tarde moi divertida!!!

O martes 16 de outubro e seguindo coa nosa programación do Mes das Bibliotecas, tivemos os “Contos do chupete” da man de Migallas Teatro na nosa biblioteca onde o pasamos de rechupete. Foi unha sesión de contos para bebés na que se integraron música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral.
Foron moitos os bebés que xunto con pais e nais quixeron pasar unha tarde tenra e familiar, e disfrutar cantando, tocando palmas e facendo sons. Non hai máis que ver as súas caras de disfrute 😉

E como parecía que non lles chegaba a sesión 🙂 , Bea e o seu compañeiro ofreceron unha derradeira no exterior da biblioteca aproveitando a boa tarde que quedou. Alí, xa libremente, os cativos que non tiveron que marchar, achegáronse a tocar os instrumentos musicais e disfrutaron un bo anaco.

Moitas grazas a Migallas Teatro por esa tarde tan familiar e divertida. Un pracer teros connosco e ata outra!
Leo viaxou a países máxicos como India, China e Exipto para aprender trucos de maxia, tamén estivo co Principiño que lle regalou un planeta. Co que aprendeu en cada lugar as crianzas pasárono de marabilla. Tamén foi divertida a granxa que se formou coa intervención da rapazada. Todo estivo acompañado pola música e por efectos especiais que converteron a actividade nunha festa na que os fíos conductores foron os libros.


Séguenos