“Pés de lobo” con Anxo Moure o día das Bibliotecas e a Ciclobiblioteca na Biblioteca!

Aínda con moita choiva no exterior, acollemos os contos para reflexionar sobre a natureza de Anxo Moure con “Pés de Lobo”. Fastástico!!!


Aínda con moita choiva no exterior, acollemos os contos para reflexionar sobre a natureza de Anxo Moure con “Pés de Lobo”. Fastástico!!!


As máis cativas e cativos do lugar achegaronse a Casa da cultura para desfrutar do Brinca Vai! Pasárono en grande!
O 24 de outubro Dia das Bibliotecas, nenos e as súas familias da Escola Infantil A Galiña Azul, achegáronse a celebrar con nos este día cun bebeconto titulado “Unha tarde con Dori” de Batucado&Emusin.
O espectáculo infantil fixo as ledicias dos nenos que o pasaron en grande no seu primeiro contacto co mundo dos contos.

O pasado xoves 17 de outubro estivo na B.P. M. de Fene, Anxo Moure que contoulles aos nenos e nenas unha serie de historias baseadas na natureza, inculcando nos pequenos e nas pequenas valores positivos como o coidado e a valía das árbores. Non faltou a diversión coa música acompañada de baile.

Este sábado a exploradora Eva visitou a biblioteca de Trazo para contarnos as aventuras do seu amigo pingüín. Unha mañá na que non faltaron os bailes e as risas.

O pasado venres, 18 de outubro, a Axencia de Lectura Municipal de Carnota acolleu o espectáculo Cinco ratiños de Conto, unha deliciosa sesión de contos e cantos para bebés, conducida marabillosamente por Bea Campos, de Migallas Teatro.

“Contar co Vento”, contos, melodías …….. historias de tradición oral para toda a familia: de medo, de risa e todas moi entretidas.
Unha actuación moi bonita, donde maiores e cativos desfrutaron moito.


Xela e o dragón viviron unha aventura emocionante coa axuda do público asistente, que opinou e aconsellou aos personaxes.

No día de hoxe Joshua Kenneth presentou un espectáculo de ilusionismo e maxia na biblioteca coa participación de nais e pais no que todos quedamos abraiados.
Onte Martes 15 de outubro, deleitounos a compañía BANDULLO AZUL con contos narrados por unha invitada moi especial chamada Filipa acompañada de Fran Campos, quen ao ritmo da súa guitarra, fixo participar á rapazada con xogos de memoria cantados. Un éxito de participación e diversion.




Séguenos