Luuume! na ALM de Berdeogas (Dumbría)
Este pasado sábado recibimos na biblio de Berdeogas a visita de Andrea Freire, a autora do libro Luuume, publicado por Antela Editorial.
Realizou un impecable traballo en todo momento.
Un contacontos feito con profesionalidade e paixón polo que se está transmitindo, conseguindo que os asistentes, de diferentes idades, estivesen en todo momento enganchados á contada.
Taller posterior adaptado ás idades dos participantes.
Gustounos moito!





O pasado mércores pasamos un rato moi divertido en Foz con Tarabelos e a súa obra “Contos nunha roda: Manuela e Manuel”. A través dun teatriño ilustrado, dunha roda e de Esteban, gran contador de historias, a picaraxada disfrutou dunha tarde moi amena cos protagonistas, Manuel e Manuela, un conto pola igualdade deseñada para romper estereotipos. Unha actividade dinámica na que o público participa e interactúa cos personaxes. Ao final da sesión, Esteban permitiu acercarse ao monicreque que tanto interés despertan sempre entre os/as máis pequenos/as.




O pasado 29 de outubro Lucho Penabalde e Tero Rodríguez, Os Quinquilláns, chegaron a Vilanova co obxectivo de facer pasar unha boa tarde a todo o público, infantil e adulto, que encheu a Pastoriza (tivo que trasladarse esta actividade da Biblioteca Municipal Irmáns Camba a esta debido á gran afluencia de participantes).




Séguenos