Rockeamos todas con PAKOLAS. Biblioteca pública de Pantón (Lugo)









O pasado Venres Elisa & Ian , da compañía 2 Minds Combined viñeron a Aranga para facer desfrutar á mocidade dun fabuloso espectáculo mistura de ilusionismo, humor, xogos de sombras, e moita maxia.
A serenidade de Elisa e o Gallenglish de Ian fixeron un espectáculo que foi un cóctel de risas, trucos e animación constante moi próximo a un abundante publico que non deixou de participar e de rir a gargalladas durante toda a actuación.



Este xoves, 30 de xuño, o parque do Piñeiral do Crego encheuse de festa, grazas ao contacontos ofrecido pola Biblioteca Xela Arias de Chapela dentro da celebración municipal polo Día do Orgullo LGTBIQ+
Manuel Solla, de Os Carballiños, achegounos “Voando libres”, un contacontos que falaba de tolerancia, de amor, de igualdade e de respecto ao diferente. Un espectáculo para eliminar clichés e trabas mentais, para poder voar libres segundo os nosos gustos e as nosas eleccións.
Nel contamos contos sobre tiburóns sen dentes, sobre ras vermellas, e moitas outras cousas máis… e asistimos a momentos de maxia e fantasía.
+ INFO no noso Weblog: https://bibliotecas.redondela.gal/voamos-libres-no-pineiral-do-crego-coa-biblioteca-xela-arias/
Un grupo de nenos, nenas e maiores asistiron o pasado venres á función Andar aos Biosbardos de Charo Pita. Foi unha tarde moi divertida con contos que falan da amizade, das dúbidas, dos atrancos, da marabilla que é compartir con quen nos quere.

Andar aos biosbardos
Paco Nogueiras, achegou o seu espectáculo ” Brinca Vai!”, ata a Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz.
Cantamos, bailamos, brincamos, maiores e nen@s divertimonos da man de Paco Nogueiras. Baixo diferentes estilos musicais como rock, reggea, pop, ect, escóndense letras que van desde a amizade e a igualdade ata o respecto pola natureza ou as nosas festas tradicionais. Cancións para cantar e compartir, cancións para nenos e adultos.
Mirade que ben o pasamos!!

O martes día 28 os ne@s e moz@s de Coiro tiveron a ocasión de aprender a darlle unha segunda vida ás revistas, xornais e outros materiais de refugallo.
Divertido obradoiro onde se aprenderon distintas técnicas de cestería tradicional utilizando como materia base o papel, poñendo en valor a tradición e o esforzo que supón realizar este tipo de pezas únicas e personalizadas.
E xa coas mans á obra, “quen fai un cesto fai un cento”!


UNHA DAS MELLORES ACTUACIÓNS PARA BEBÉS,COM MOITA MÚSICA,DIFERENTES SONS,CERCANIA E PARTICIPACION TODO CHEO DE COLORIDO QUE CHAMOU A ATENCIÓN DOS PEQUECHOS E PEQUECHAS.
OS CONTOS ERA CORTIÑOS O QUE FACIA QUE OS PUIDERAN SEGUIR ACOMPAÑADOS DAS DIFERENTES MARIONETAS



O día 27 de xuño Paco Nogueiras visitou a Biblioteca Municipal de Ponteareas, ca súa actividade Extra!. A este contacontos asistiron 25 nenos/as que disfrutaron moito e interactuaron con Paco. O publico infantil o pasou moi ben de tal maneira que apenas un rapaz se levantou do seu asiento para ir ao baño.EXTRA! convída a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En EXTRA! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que as cativas e cativos de Ponteareas poideron disfrutar e aprenderon a cambiar e transformar o mundo mediante as cancións, con ritmos moi actuales.
En realidade esta actividade é un “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con con todas as nenas e nenos. En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.

O sábado 25 de xuño a biblioteca encheuse de maxia coa actuación do mago Pedro Bugarin.
Un espectáculo mui divertido e participativo donde maiores e nenos/as disfrutaron dos xogos de maxia, donde non faltou o humor e a emoción dende o principio ata o final, sin duda repetiremos…



Séguenos