EDUVIA NO CARBALLIÑO
HOXE ACOMPAÑOUNOS EDUVIA CO SEU OBRADOIRO SENSORIAL PARA BEBES. MARUXIÑA, A NENA PROTAGONISTA DO CONTO AMOSA OS PEQUENOS OS DIFERENTES SENTIDOS, E PRACTICA CON ELES TANTO O OLFATO, COMO O OIDO,ETC. FOI UNHA BOA TARDE

HOXE ACOMPAÑOUNOS EDUVIA CO SEU OBRADOIRO SENSORIAL PARA BEBES. MARUXIÑA, A NENA PROTAGONISTA DO CONTO AMOSA OS PEQUENOS OS DIFERENTES SENTIDOS, E PRACTICA CON ELES TANTO O OLFATO, COMO O OIDO,ETC. FOI UNHA BOA TARDE

Día 2 de outubro de 2020 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Temos a terceira actividade do programa Ler conta moito, trasladada á biblioteca escolar debido á situación que vivimos co coronavirus…
da man de Fatiropina
o 2 de outubro, ás 11:00 na biblioteca escolar
co alumnado de 5º e 6º de Infantildo CEIP de Escairón.
Achegámonos á ciencia e á experimentación da man de Fátima.
Comezamos falando un pouco das mascariñas e da auga e o xabón para lavar as mans.
Despois xa entramos directamente en materia falando da TENSIÓN SUPERFICIAL DA AUGA, algo así como a pel da auga!!!
Como na auga non se ve en, usamos leite para ver o que fai o xabón coa “pel” da auga. Botamos unhas gotiñas de cor no leite e xa postos, vimos a maxia da creación de cores novas a partir das cores primarias (vermello, amarelo e azul): verde, laranxa e morado.

Despois, aproveitando a diferencia de densidades entre o aceite e a auga, usando cores ó óleo flotando na auga colocamos uns trozos de cartón cos que conseguimos obter uns preciosos marcapáxinas totalmente orixinais:
Foi moi divertido cando tamén con fel conseguimos facer fractais con esas gotas de pinturas ó óleo!

Unha sesión de ciencia e arte moi, pero que moi divertida!
Onte tivemos con nós a Paco Nogueiras facendo que toda a cativada, pais e nais bailasen ao seu ritmo, coa sintonía de Radio Bule Bule. Un espectáculo baseado nun libro cd-dvd editado pola editorial Kalandraka, cheo de música, baile e moito humor. Fomos para casa coas pilas ao tope de marcha!!

Contacontos titulado Os contos do avó: lendas e historias de Galicia

Unha mañá máxica para as crianzas de Dumbría na nosa biblio.
O Mago Margo amosoulles números de maxia ben chulos ao longo das dúas sesións realizadas.
Algúns deles xa os vimos nos libros de maxia que temos na biblioteca, pero outros aínda non.


Seis adultos que nos acompañarono onte á tarde participaron nun interesante obradoiro que nos fixo reflexionar sobre os roles de xénero na literatura infantil e achegáronos alternativas baseadas envalores positivos, igualitarios e que fomenten a prevención da violencia xénero. Así revisamos moitos contos e axudáronnos a facilitar a escolla de materiais literarios desde unha perspectiva de xénero. 
O xoves 1 de outubro, disfrutamos no auditorio do concello de Nigrán con Cinema Marabillas. Ver para ler, de Raquel Queizás, e dende logo foi unha MARABILLA.

Soledad Felloza estivo contando contos os nenos de Cabana de Bergantiños e entre eles Bailar coas nubes libro de Vanina Starkoff´.

Soledad Felloza con Bailar nas nubes
Unha morea de nenas e nenos do Vicedo presenciaron o espectáculo A Festa dos Monicreques, que presentou Larraitz Urruzola no salón de actos da Casa da Cultura, onde se cumpriron escrupulosamente todas as medidas de seguridade establecidas a causa da COVID-19. Houbo risas, música e moita diversión para nenos e non tan nenos.

A ratiña Lilí Gruyére, atopou diante dun teatro no que viña de actúar, un coelliño branco. Adoptouno como mascota e levouno para Lonxedetodo. Falando con el enterouse de que era o protagonista dun conto e tamén de que traballara moitos anos como axudante dun mago. Así que viñeron a Biblioteca de Riotorto para amosarnos o seu gran espectáculo de maxia a dúo! e tamén representaron o conto que protagoniza o coelliño “O coelliño branco” que da título ó seu espectáculo.

Lili Gruyere co Coelliño Branco


Séguenos