CIRCO NA BIBLIOTECA NA ALM DE SOBRADO
Os nenos disfrutaron moito coa actuación de Daniel Blanco

Os nenos disfrutaron moito coa actuación de Daniel Blanco

Dentr
o da programación do mes dos libros e das letras tivemos a sorte de contar coa presencia de Gemola que inundou a biblioteca dunha marabillosa enerxía co obradoiro de monicreques. A picaraxada pasou unha tarde moi entretida elaborando un cabaliño de cartón con elementos de papel e arte natural.
Ana Carreira visitou a biblioteca de Cenlle, a que acudiron @s alumn@s e profes do Ceip Carmen García Carrasco de Cenlle.

Ao longo da súa narración mantivo a atención de tod@s os asistentes, de 3 a 13 anos!
A súa forma de narrar e interactuar funciona para todas as idades, profes e peques disfrutaron un montón!
Moi recomendables as Trasnadas de Ana Carreira!
Onte os nenos/as da Fonsagrada divertíronse moito con espectáulo da Fada Diana que tivo lugar na biblioteca. Da súa man coñeceron, a través da música, monecres e narración oral a importancia de coidar da natureza e participaron no xogo da reciclaxe.


Foi un espectaculo moi animado con musica e participación do público .
Unha tarde divertida e de afianzar a nosa identidade galega así como un bonito recordo das cantareiras ás que se lles adica o día das letras galegas.



Anxo Avelino Moure Mosquera en na Axencia de Lectura do Concello da Mezquita. Sabes coser? imos tecer unha árbore para atrapar contos solidarios. Aprendemos a coser tenrura, esperanza, igualdade e futuro. Para rematar plantamos unha árbore en contra da violencia de xénero “A sobreira tecedeira”
O pasado venres tivemos un contacontos sensorial a cargo de Eduvia Xestión, Cultura e Lecer. Un grupo de nenos entre 1 e 2 anos acompañados dun adulto cantaron, tocaron e manipularon todo tipo de obxectos facendo da súa primeira visita á biblioteca toda unha festa.

Na mañá do 13 de xuño celebramos na Biblioteca Municipal de Coristanco un inspirador obradoiro de contacontos para adultos, guiado pola actriz e narradora Paula Regueiro García, da compañía Tremola Teatro.
A actividade estivo dirixida a pais, nais, avós, avoas e persoas interesadas en aprender a contar contos a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos. Durante o obradoiro, as persoas participantes mergulláronse no mundo da narración oral a través dun enfoque lúdico e vivencial. Traballouse con diferentes técnicas de expresión oral, como a voz, o ritmo, a mirada, os silencios e o corpo, achegando recursos sinxelos pero eficaces para facer dos contos momentos cheos de maxia e conexión emocional.
A actividade tivo unha gran acollida, cun grupo moi participativo que desfrutou tanto das dinámicas como das reflexións sobre a importancia de contar historias como ferramenta educativa e afectiva.
Desde a biblioteca agradecemos a Paula Regueiro a súa entrega e profesionalidade, así como ao programa Ler Conta Moito por facer posible esta enriquecedora experiencia.

Este xoves, 12 de xuño, tivemos o pracer de recibir na Biblioteca Municipal Isidro Novo a Atenea García, de Xarope Tulú, co seu espectáculo “Bichocas”, unha selección de contos destinada aos nenos e nenas máis pequenos no que a narración se acompaña de monicreques, cancións e moitas risas!


Que ben o pasamos todos e todas, a que si?




Séguenos