Segundo dos Contacontos de Celtia Figueiras en Porto do Son.
Aínda que o día estaba desagradable, os rapaces non faltaron á súa cita e desfrutaron do segundo dos contacontos de Celtia Figueiras “Contos do verán”.

Aínda que o día estaba desagradable, os rapaces non faltaron á súa cita e desfrutaron do segundo dos contacontos de Celtia Figueiras “Contos do verán”.


Sherezade Bardají representou o día 19 de maio “A viaxe de Toribio” en Valladares para celebrar o día das letras galegas. Pequenos e grandes puidemos viaxar ao universo de Carlos Casares da man de Toribio, un dos personaxes máis entrañables do autor.
Na Biblioteca Ágora, para celebrar as LETRAS GALEGAS, unímonos ao Grupo Dado , que é a rede de clubs de lectura dos IES da Coruña Monte das Moas, Elviña, Ramón Menéndez Pidal, Rafael Dieste e Agra I, convocando un concurso de microrrelatos entre o alumnado e facendo coincidir a presentación e lectura dos mesmos coa entrega dos premios nas súas diversas categorías. Buscamos unha atividade didáctica ao tempo que dinámica e diferente que gustou pola súa variedade e calidade: Un paseo pola música negra. Soul e literatura, de Iria Mejuto, xunto a un gran pianista, Iago Mouriño, trouxo ao auditorio do Ágora temas actuais e coñecidos polas persoas asistentes.
Charo Pita veu a Biblioteca de Miño , para contar e cantar historias a 23 nen@s de tres anos. Foi media hora moi agradable, eso que facía moito calor.
Nen@s e maiores pasárono moi ben coas historias deste curioso curral, contadas pola xenial escritora e mellor contadora de historias Charo Pita

Celebramos o Dia das Letras Galegas cunha exposición sobre Carlos Casares e unha mostra bibliográfica cos seus libros. Tamén tivemos un contacontos obradoiro da man de Polo correo do vento titulado “Os xoguetes de Clio” baseado na vida e obra de Carlos Casares. Os nenos asistiron a un contacontos no que un ilustrador ía debuxando o que o narrador ía contando e logo fixeron un obradoiro de debuxo, coas directrices do ilustrador. Estas son algunhas das fotos





Filipa (moneco “muppet”) e o seu amigo Fran encheron a sala coas risas dos nenos ao contarnos os contos de Carlos Casares amenizados con música e
cancións que os nenos acompañaron todo o rato. Unha viaxe polos contos tradicionais moi entretida.

ACTIVIDADE PRECIOSA NA QUE A PALABRA ACOMPAÑADA DO XESTO E A MÚSICA ,TODO MANEXADO POR GONZALO ,RESULTA UN ESPECTACULO COMPLETISIMO ,DIVERTIDO E MOI EDUCATIVO.



Onte, 24 de maio, na biblioteca Monte Alto (A Coruña) tivemos a inmensa sorte de gozar do espectáculo de Migallas “Contos do chupete“. Un pequeno lobo nada disposto a soltar o chupete levounos dun conto a outro e dunha canción a outra: “Chibos chibóns“, “Os tres poquiños“, “Polo camiño” e “Lúa” fixeron as delicias de grandes e pequenos.


Como podedes ver nas fotos, foi un tarde marabillosa, chea de música, risas e, sobre todo, fermosas lecturas! Grazas, Bea e Paolo!
O pasado venres a ALM de Vilariño tivo a visita dos monitores de Eduvia Educación que propuxeron aos nenos e nenas o Gran Xogo das Letras Galegas… pasaron unha divertida tarde na que demostraron estar ben ao tanto dos e das grandes da nosa literatura, e como non, do homenaxeado este ano, Carlos Casares.

18 maio 2017

Babacontos con Carlos Casares na Biblioteca Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, a cargo de Larraitz Urruzola, quen consegueu entreter a todos os participantes coas historias de Toribio e e a máquina contadora de contos con efecto retardado ou a bomba da felicidade….
Uns minutos de relax para buscar as plumas da galiña azul [non sabemos se as atoparon ou seguen a voar por antre os libros!!]


E un remate con enerxía, a pelotazo limpo! xogando todos pola biblioteca e corredores coas laranxas máis laranxas de todas as laranxas…..
Non naciches en Xinzo Larraitz … pero como si tal!
Un saúdo


Séguenos