Cris de Caldas en Ribeira!


Empregando a papiroflexia as rapazas e rapaces que acudiron este sábado 10 de maio ao obradoiro de Sheila García elaboraron un fermoso caderno cun código QR co que xeraron unha peza audiovisual. Desta maneira, unindo artes plásticas e tecnolóxicas os participantes elaboraron un precioso material co que uniron a tradición e a vangarda e repasaron a poesía popular, as cantigas, as cantareiras, os instrumentos tradicionais e as figuras clave da escena musical galega. Unha actividade do máis completa e divertida! 

Adiantándonos á celebración do Día das Letras Galegas o venres 9 de maio os rapaces e rapazas do Milladoiro viaxaron no tempo desde as Pandereteiras de Mensa ata as Tanxuguerias elaborando o seu propio material artístico no que no que grazas á inclusión de códigos QR as persoas participantes xerarán una peza audiovisual. Unha actividade preciosa para repasar a poesía popular e as figuras clave da escena musical galega.

Na biblioteca de Cela puidemos gozar dun percorrido por todas as mulleres que foron homenaxeadas o Dia das Letras Galegas cun contacontos cheo de música, monicreques e moita diversión.

No 23 de abril, día do libro visitounos Carballo con Botas e a súa magnífica ciclobiblioteca. Logo dun paseo dende a Biblioteca ata a praciña do lado, puidemos descubrir todos os segredos agochados nos libros que Carballo porta con él. Contounos a historia de Salgadinha, a Estrela de Fisterra, un conto fermoso que naceu na nosa Terra. Tocamos a pandeireta, bailamos e inventamos novas historias entre todas e todos. Ao terminar, demos longos paseos montados na ciclobiblioteca polas rúas de Muxía e os nenos e nenas quedaron encantados.
A través da narración oral, monicreques, e a técnica de kamishibai Carmen Domech contounos historias fascinantes cheas de tenrura e amor pola natureza.

.


O día 23 de abril no Centro Sociocultural do concello de Bóveda, Violetta della Rocca achegounos ó mundo das sombras coas súas actividades pensadas para nen@s de 0 a 8 anos “Moitas formas de contar”


E tamén co obradoiro “Contamos con sombras” para nen@s de 6 a 12 anos no que participaron as persoas con diversidade funcional da Residencia de Bóveda.
Todo un éxito.


O sábado 2 de maio o rato Fuco e algúns dos seus amigos viaxaron dende Lonxedetodo ata a biblioteca Sada, onde lles esperaban máis de 20 nenas e nenos.
Houbo tempo para cancións, poemas e chistes, para participar, para aprender e para divertirse.
A de Trinketrinke Teatro é unha actividade entretida e didáctica que repetiremos seguro.
Da man de Lalá Teatro, coñecemos As Josefas.
Coa lingua galega como fío condutor, e a través da música, lendas e tradición, sérvenlle ao público para aprender máis sobre Galicia.
Unha actuación que resultou moi participativa por parte dos asistentes.

O venres 2 de maio, para conmemorar o Día contra o acoso escolar, na Biblioteca do Grilo-Cacheiras, un espectáculo que combina actor con monicreque e axuda á rapazada máis pequena a entender un tema tan complexo dende a comedia e o coñecemento da realidade que ten arredor. Desfrutamos tanto grandes como pequenos coñecendo as peripecias de Xurxo. Grazas a Malasombra Teatro por traer este espectáculo tan necesario

As peripecias de Xurxo na Biblioteca do Grilo-Cacheiras

As peripecias de Xurxo Biblioteca do Grilo-Cacheiras2


Séguenos