Dende Rosalía ata as Cantareiras
Para celebrar o Día da Letras Galegas deste ano gozamos coa actividade da Xanela do Maxín co espectáculo “Dende Rosalía ata as Cantareiras”!

Para celebrar o Día da Letras Galegas deste ano gozamos coa actividade da Xanela do Maxín co espectáculo “Dende Rosalía ata as Cantareiras”!

O sábado 10 de maio os máis cativos de Lousame disfrutaron na Axencia Municipal de Lectura dun obradoiro de divulgación científica: OBRADOIRO CIENTÍFICO PARA PEQUENOS HÉROES”, unha forma amena e participativa de achegar aos nenos e nenas ao mundo da ciencia. Repetiremos !!!.



O venres día 9 de maio, na biblioteca Ramón Suárez Picallo de Sada, 25 nenas e nenos descubriron que a biotecnoloxía pode ser divertida e que pode mesmo servir para resolver un crime!
Na biblioteca produciuse un asasinato e os participantes, extraendo ADN e traballando con material de cociña, convertéronse en detectives-científicos para atopar ao culpable.
O taller foi impartido por Manuel Vicente, responsable do programa Efervesciencia da Radio Galega.
Chegaron Polo Correo do Vento a Maruxa e Coralia.

Quique lembrou ás cantareiras homenaxeadas polo día das Letras Galegas. Rosa e Adolfina Casás, tía e sobriña de Cerceda. As pandereteiras de Mens, en Malpica, que eran cinco pero só pasaron dez anos do pasamento de tres delas. E tamén a Eva Castiñeira, de Muxía, que colleu sona acompañando a grupos folk como Milladoiro.
Mentres Alba convertía cousas humildes do fogar en instrumentos, como se facía antano. Así cantou acompañada dunha chave e unha tixola ou dunha lata, como aquelas de carburo, aceite e pimentón. Amosou unha pandeira, que triunfou en León, Asturias e no litoral de Lugo.
E Carlos, silandeiro, debuxaba a felicidade das cantareiras na sobremesa.
O espectáculo rematou co público tocando, catando e ó son das palmas con A saia de Carolina.

O luns 12 de maio disfrutamos do concerto Chuches Amil, Eléctrico con variedade de cancións e historias que fixeron as ledicias da cativada. Actuación dinámica, participativa e moi entretida.






Tivemos unha xornada moi divertida grazas á maxia impartida polo grupo teatral LaGriotte, que conseguiron unha alta participación e involucración na actividade por parte dos nenos.
Grazas á imaginacion os obxetos cobran vida; e entre todo isto Manuel Curros Enriquez aparece para contar a súa historia, a forza das palabras e o poder da poesia.

Empregando a papiroflexia as rapazas e rapaces que acudiron este sábado 10 de maio ao obradoiro de Sheila García elaboraron un fermoso caderno cun código QR co que xeraron unha peza audiovisual. Desta maneira, unindo artes plásticas e tecnolóxicas os participantes elaboraron un precioso material co que uniron a tradición e a vangarda e repasaron a poesía popular, as cantigas, as cantareiras, os instrumentos tradicionais e as figuras clave da escena musical galega. Unha actividade do máis completa e divertida! 

Adiantándonos á celebración do Día das Letras Galegas o venres 9 de maio os rapaces e rapazas do Milladoiro viaxaron no tempo desde as Pandereteiras de Mensa ata as Tanxuguerias elaborando o seu propio material artístico no que no que grazas á inclusión de códigos QR as persoas participantes xerarán una peza audiovisual. Unha actividade preciosa para repasar a poesía popular e as figuras clave da escena musical galega.

Na biblioteca de Cela puidemos gozar dun percorrido por todas as mulleres que foron homenaxeadas o Dia das Letras Galegas cun contacontos cheo de música, monicreques e moita diversión.



Séguenos