Celebrando as nosas Letras Galegas na Biblioteca de Foz

Divertido recitado de Larraitz Uurruzola cos seus “Babacontos con Manuel María”. Pais e nenos disfrutando e bailando a través das poesías de Manuel María

Divertido recitado de Larraitz Uurruzola cos seus “Babacontos con Manuel María”. Pais e nenos disfrutando e bailando a través das poesías de Manuel María
Realizamos esta actividade, no auditorio anexo á bilbioteca para os/as alumnos/as de ensino secundario. Un estupendo espectáculo guionizado de maxia e música que conectou ás mil marabillas cos/as rapaces.


Realizamos esta actividade, baseada no libro-cd-dvd “Brinca Vai! De aquí a acolá”, no auditorio anexo á biblioteca para os/as nenos/as de Educación Infantil.
Tanto os/as nenos/as, que coñecen moi ben o libro, como os/as profesores pasarono en grande.
O venres 13 de Maio, as alumnas e alumnos da ESO do CPI de Zas pasárono en grande cos contos de Avelino González, e ata aprendemos que co Galego podemos dominar sen problema o resto das linguas do mundo…



A compañía Migallas Teatro presentou a seción de contos para bebés denominada “Os contos do chupete” na biblioteca municipal de Tordoia, sita na Casa de Cultura. A actividade asistiron darredor de 20 nenos de idades comprendidas entre os cero e os tres anos.
OQO realizou un obradoiro na Biblioteca de Betanzos, o 14 de maio, onde os nenos/as fixeron os personaxes dos seus contos preferidos con masa de pan
O pasado xoves, 12 de maio, tivemos na Biblioteca de Darbo o espectáculo “Mans” de Pablísimo. Tratouse dunha contada moi amena na que as mans foron as protagonistas. Nenos e maiores quedaron encantados co espectáculo. 100% recomendable!

Día 6 de maio de 2016 ás 18:30, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o mes das Letras Galegas, e animar a participación no Certame Letras Galegas 2016 [que este ano se titula “Canta bichería!”], presentamos unha nova actividade:
da man de Olga Abad
o 6 de maio, ás 18:30 na sala infantil
Co obradoiro de sombras chinescas “As nosas historias”, o que se buscou foi fomentar a creatividade, a escoita, e coñecer historias da nosa tradición oral. Ademais levamos para a casa, de recordo, as personaxes para que lle contemos a quen queiramos o conto no que se baseou o obradoiro: O galo Quirico (dispoñible na biblioteca para ler a casa).

O obradoiro, a cargo de Olga Abad serviu, ademais de para mellorar e liberar a nosa imaxinación e a destreza na creación das personaxes, para animarnos a participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2016.
Tal foi o éxito da actividade, que ante a petición popular á voz de porfi, porfi decidimos seguir facendo sombras chinescas na biblioteca: o venres seguinte tivemos un obradoiro para elaborar máis personaxes, e o seguinte o noso propio teatro de sombras para xogar na casa.
O pasado 12 de maio pasámolo pipa na biblioteca das Neves cos Babacontos de Manuel María!!!

Larraitz Urruzola cos seus Babacontos de Manuel María fixo gozar a parte do alumnado de primaria que acudiu a biblioteca municipal das Neves.
Os nenos de Ponteceso rendéronlle a súa pequena homenaxe a Manuel María disfrutando cas aventuras de Mimí e outros contos magníficamente interpretados por Fátima Fernández.



Séguenos