Libros en-cantados
Magín Blanco representou o contacontos Libros en-cantados o venres 13 de maio ás 18,30 h. na Biblioteca Municipal de Pontedeume.
Asistiron 50 nenos-as y todos encantados
Magín Blanco representou o contacontos Libros en-cantados o venres 13 de maio ás 18,30 h. na Biblioteca Municipal de Pontedeume.
Asistiron 50 nenos-as y todos encantados
O pasado día 20 de Maio tivemos a actuación de Sole Felloza, “Manuel María, o vento da palabra”, unha actividade moi recomendada onde os cativos e non tan cativos pasaron un anaco moi entretido e divertido.


Sole en plena actuación.



O día 23 de maio tivemos na Biblioteca de Culleredo un contaconto para os máis pequenos.

Os rapaces escoitaron, cantaron, contaron e bailaron.


O pasado xoves 19 a biblioteca Enrique Rivera Rouco das Pontes de García Rodríguez tivo a sorte de acoller o Océano para terrícolas de Xurxo Souto. Coas historias do seu libro Contos do mar de Irlanda, achegounos un pouco máis a ese océano descoñecido para nós, xente do interior.
Cantamos con el, rimos e desfrutamos desas historias do Gran Sol, parte importante da nosa cultura galega.
O acto enmarcouse dentro dun programa máis amplio con actividades de homenaxe a Manuel María coas que celebramos as Letras galegas 2016.
O mércores 18 de maio celebramos as Letras Galegas con Fátima Fernández que nos contou entre outras historias “O bigote de Mimí” de Manuel María. Foi unha sesión moi dinámica e divertida.


Con Teatro Babaluva, os nenos da biblioteca municipal Monte Alto achegáronse á poesía de Manuel María, quen fora veciño do noso barrio nos seus últimos anos. Os rapaces experimentaron a facer debuxos para crear un libro despregable a partir dos versos deste autor tan querido, a quen agasallamos no Día das Letras Galegas.

Trinke Trinke na Biblioteca de Cerceda
O pasado venres, 20 de maio, desfrutamos co espectáculo de Trinke Trinke “Riciños de ouro” na Biblioteca municipal de Cerceda. Así foi a sesión….

Primavera das Letras na Biblioteca de Cerceda co espectáculo Trinke Trinke

Larraitz Urruzola na Biblioteca de Muxía
O pasado sábado visitaronnos na Biblioteca de Muxía os “Babacontos con Manuel María” do programa Ler Conta Moito.
A actriz Larraitz Urruzola trouxo a nenos e nenas de Muxía a obra de Manuel María dun xeito divertido e didáctico. Recitou poemas, contou contos e cantou e bailou cancións cos nenos e nenas, todo seguindo a voz do poeta.
Foi unha sesión divertida e entrañabel e pais e nais disfrutaron tanto coma os cativos.
Tivemos o gusto de desfrutar das historias cheas de emocións que nos contou a animadora Andrea.Moitos bicos e ata a próxima!.


Séguenos