Un Lobo Bobo na Biblioteca Municipal de Ribeira
Gonçalo Guerreiro fixo as delicias do públicos asistente interpretando o papel do Lobo Bobo (ou novo). As súas historias de sempre, escenificadas e contadas desde a perspectiva actual, mativeron a nosa atención ao longo dunha hora. A preciosa escenografía, con portas e ventás que se abrían e pechaban e a música completada coa voz do actor, fixeron unha magnífica mañá de conto teatralizado.

A profesionalidade de Gonçalo é a proba do éxito que sempre consegue. A en hora boa a Elefante Elegante polo seu bo facer. Como complemento da actividade tivemos á man a obra literaria infantil de Manuel María, unha pequena exposición da súa biografía en paneis, e mais seguiuse a nosa eterna campaña de dinamización de uso da lingua galega co reparto de chapas que levan o lema: “Con galerna ou encalmada fala galego”.






![IMG_0157[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/05/IMG_01571-300x225.jpg)












Séguenos