“XAROPE TULÚ” NA BPM DE ORDES
O venres 29 de abril tivemos na Biblioteca Municipal de Ordes o grupo “Xarope Tulú” coa actividade “A falta de pan, bos son contos”. Estivo xenial. Grazas a vós, unha vez máis, a biblioteca énchese de vida!!!!!


O venres 29 de abril tivemos na Biblioteca Municipal de Ordes o grupo “Xarope Tulú” coa actividade “A falta de pan, bos son contos”. Estivo xenial. Grazas a vós, unha vez máis, a biblioteca énchese de vida!!!!!



Minia Regos realizou coas quince rapazas e rapaces asistentes ó obradoiro unha actividade consistente na realización de pequenas curtametraxes mediante montaxes fotográficas coa utilización de diferentes técnicas (modelado de personaxes de plastilina, cartolina,…) durantes os catro primeiros sábados do mes de abril. Foi unha actividade completísima na que a rapazada tivo a oportunidade de desenvolver diferentes destrezas coma a creación literaria, a imaxinación, a capacidade de síntese, a creatividade, estratexias de ilustración e deseño de personaxes, gravación de voces e sons,…
Minia conduciu a actividade dun xeito ameno e divertido e os nenos e nenas disfrutaron e aprenderon moito.

O Sábado 23 de Abril estivo con nós Magín Blanco para celebrar o “Dia do Libro” este ano.
Co seu espectáculo de contos e música “Libros en-cantados” divertiu tanto a nenos como a maiores,
Unha hora, que nos soubo a pouco. Agardamos que volte pronto por Corcubión!





OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Este sábado 23 de abril de 2016, Raquel Queizás actuou na biblioteca co espectáculo A orixe.
O xoves, 28 de abril, recibimos na Biblioteca Municipal de Lugo aos nosos usuarios máis pequenos que acudiron a participar no contacontos de Sherezade Bardaji “Palabras confeitadas”.

Xunto á narración, sons, cores e formas, conseguiron captar o interese de nenos e nenas e mesmo dos seus pais e nais.

Para celebrar o Día do Libro, Martín Camiña rodeou a nosa biblioteca de maxia e humor. A través de trucos de maxia con cordas, cartas e outros elementos clásicos vertebrouse un espectáculo onde sempre estivo presente o libro como gran protagonista



MANEIRA AMENA DE MOSTRAS OS ENCANTOS DE PAISES QUE QUIZAIS ESTAMOS ACOSTUMADOS A VELOS DE MANEIRA MAIS GRIS.MOI POSITIVA A EXPERIENCIA E MOI EDUCATIVA .E DE RECOMENDAR.


Luis Vallecillo, cantou cancións e tocou a guitarra, partindo de personaxes de contos: do lobo dos tres
porquiños, gato Mími
O 20 de abril, dentro das celebracións do Mes do Libro, recibimos a visita de Pavís Pavós. Dúas contadoras acompañadas das súas maletas cheas de libros contáronnos unha morea de interesantes e divertidas historias.



Séguenos