Pintamonas, elefantas e xirafas na biblioteca colexio de Présaras.

O día 28 de marzo, os nenos de Vilasantar aprenderon da ilustradora María Lires a pintar Pintamonas, elefantas, xirafas e todo tipo de animais.

O día 28 de marzo, os nenos de Vilasantar aprenderon da ilustradora María Lires a pintar Pintamonas, elefantas, xirafas e todo tipo de animais.
Choupiña e Trasnón reciben na biblioteca, cantando unha nana, a nenas e nenos e tamén a papás, mamás, avoas… Transmitindo un ambiente de tranquilidade para que todos estes pequenos de 0 a 3 anos non se asusten e collan confianza.
Choupiña e Trasnón, a medida que avanza a sesión vanse transformando para contar cos sentidos. Aparece Mariquiña a carteira que vai visitando a unha serie de personaxes, “abrindo portas” para ver á Vaca Paca, ao Can de Palleiro Patoso, a Chiño o Golfiño, a Cucho O Porco Celta…
Vaise logrando unha participación de pequenos e adultos e todos xuntos disfrutan tocando e tocándose, ulindo, escoitando…
Excelente actividade para gozar cos nosos fillos ou netos. De maneira circular, remata tamén dunha maneira tranquila, recitando un poema con música de fondo.
O sábado 22 de marzo tivemos a Larraitz Urruzola na Biblioteca Ánxel Casal, coas historias de Babamor e todas as súas familias cheas de amor.

En Babamor hai familias grandes e pequenas, familias envoltas en toneladas de cariño. Ollos que miran a outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas.
Espectáculo de narración oral tradicional no que a titiriteira Larraitz xoga con atmósferas e situacións que xurden da transformación de obxectos e espazos do mundo dos contos.

Moi importante a presenza dos contos en todo o espectáculo e a insistencia da narradora na lectura como fonte de inspiración e forza para a nosas vidas.
Expresión Produccións realizou o seu espéctaculo de animación a lectura na Biblioteca Ánxel Casal, cunha mezcla de actividades de contacontos, títeres e maxia.

Unha posta en escea espectacular como base para unha actividade na que a participación dos nenos e nenas foi primordial.

Ademáis dos contos, aprendemos trabalinguas e cancions.
Desafiando ó frio e vento os cativos achegaronse a biblioteca de Noia para disfrutar de “ Conto Contigo”de Expresion Produccions( Manuel solla), unha animación enmarcada no programa “Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura.
Os nenos disfrutaron, riron e participaron nunha actividade moi elaborada e interpretada sabiamente por Manuel Solla, logrou encandilar dende o primeiro momento, e a participación dos pequenos luceu moito a actividade.

A actividade “Tecín soia a miña tea” realizouse o día 21 de marzo, Día da Poesía, e como colofón da exposición que a biblioteca realiza todos os anos sobre Rosalía de Castro. Aínda que a actividade era aberta ó público, invitouse a un grupo de nenos e nenas de 3º curso da E.S.O., que están estudiando á escritora. O espectáculo comenzou como estaba previsto ás 11 horas e ramatou despois das 12 horas.
A intérprete do espectáculo, Ana Hermida, levou a cabo a dramatización de poemas de Rosalía, amosándonos unha nova visión da escritora e mostrándonos unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, etc.
A actividade non deixou impasibles os asistentes que, ó remate da mesma, mostraron a súa gran satisfacción polo espectáculo.
Suliñar tamén a participación dos asistentes e a súa interrelación coa intérprete.
O remate do espectáculo, os asistentes leron poemas de Rosalía e debatiron sobre a súa figura.
O dia 22, co gallo da conmemoración do “Día da Poesía” tivo lugar na Biblioteca Municipal de Quiroga o contacontos “O Recuncho dos Contos ” a cargo de Pinga Teatro. Nesta actividade desenvolta segundo o previsto no programa “Ler Conta Moito”, participou público infantil e adultos acompañantes.
Gozaron nenos e adultos por ser un espectáculo moi participativo e dinámico. Resultou un espectáculo moi divertido e interesante, aínda para os máis pequenos por coseguir a contadora captar a súa atención por un tempo prolongado.
O Xoves 20 de Marzo as 9:30 Fátima Fernández visitou os nenos do colexio público de Maceda dene 3 e 12 anos sobre 185 alumnos repartidos en duas sesións os mais pequenos disfrutaron dos seus contos susurrados e os mais grandes das suas historias de tradición oral.
O artista Magín Blanco ofreceu un concerto o sábado 22 de marzo ás 19:30 horas, incluíndo diversos temas dos libros nos que colaborou (Rosalía Pequeniña, María Fumaça, A nena e o grilo…). A actividade desenvolveuse na Biblioteca, logrando un éxito de público e conseguindo animar tanto a pequenos como aos adultos.
O pasado venres, a Biblioteca municipal de Cerceda retomou a súa programación de actividades de dinamización da lectura e do libro coa primeira actuación incluída no Programa Ler Conta Moito 2014. Trinke-Trinke encargaouse de encher de novos contos a nosa Biblioteca


Séguenos