02/07/2013
Entrañable foi o encontro arredor do magnífico documental “100% CEF”, do que gozamos todos os asistentes o pasado 24 de abril, na Casa da Cultura de Redondela.

Aser Álvarez, o director, non puido estar connosco por motivos persoais, pero enviounos unhas retranqueiras e agarimosas palabras no seu nome que lemos no acto, e que compartimos con todos vós nesta entrada.
Grazas ao público que nos acompañou e grazas a Luis Ferreiro, fillo de Celso Emilio, e a súa dona (foi a máis grata das sorpresas e unha gran alegría contar coa súa compañía).
Unha delicia!
Pódese ler a presentación do director, Aser Álvarez, premendo aquí
Séguenos