Contacontos sensorial…na BPM do Saviñao
Día 24 de outubro de 2023 ás 10:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Contacontos sensorial
da man de Eduvía (Vías para a Educación)
o 24 de outubro, ás 10:00 na biblioteca
Reunímonos pais, nais e profesoras cos bebés na sala infantil da biblioteca ó redor de Patricia, que co seu Contacontos sensorial nos achegou ás sensacións que sons, olores e tacto provocan en nós en contacto cos nosos bebés.

A través de xogos, cancións, sons, ulindo e tocando cousas ou persoas, fixemos unha auténtica viaxe cos sentidos.
Levamos un fermoso recordo das sensacións que nos produciu, ademais dun pedazo da sesión: unha flor, unha pluma, un talo de menta para ulir,…
Ademais coñecemos os materiais para bebés que temos na biblioteca, e que se pode consultar no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia [consulta aquí os libros da Bebeteca]


















Séguenos