CONTOS PARA BEBÉS NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE ALFOZ
Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiña,
trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas..
Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiña,
trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas..

En Narón pechamos a nosa tempada de actividades infantís cun espectáculo de narración oral para bebés a cargo da compañía Charlatana.
O pasado sábado 18 de xuño os máis pequerrechos/as da casa emprenderon unha viaxe polo mar chea de experiencias visuais e sonoras.

O sábado 18 de xuño, estivo con nós Charo Pita cós nosos nenos 0 a 3 anos, os cales gozaron dos seus contos musicais “A formiga na barriga”. Espectáculo altamente recomendable. A contadora é unha grande profesional na arte de contar e cantar. Os cativos pasárono xenial.


O pasado venres 17 de xuño tivo lugar na biblioteca pública municipal de Caldas de Reis e da man de Olga Abad unha actividade para nenos entre os seis meses e tres anos, “A biblioteca que viaxaba no tempo”.

Para algúns pequenos era a primeira vez que entraban na biblioteca e seguro que para todos foi unha tarde moi divertida!
Fermoso espectáculo narrativo e musical que trascende as xeracións e na que o público máis pequeno participou activamente creando unha tarde máxica.

O venres 3 de xuño, o Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, acolleu o espectáculo ‘Trispilistriñas’, con cantos, contos e tradición oral da man de Pavís Pavós.
Trispilistriñas trispilistriñas,
o que non come non ten barriguiña,
trispilistrolas trispilistrolas,
o que non come non ten barrigolas!
Síntese do desenvolvemento da actividade:
Teatro para bebés de 0 a 3 anos con xogos musicais e de son moi interesantes. Vestiario moi chamativo para atraer a atención dos nenos. Os materiais utilizados estaban feitos con obxectos da vida cotiá facilmente replicables polas familias. A comunicación entre elas era non lingüítica, imitando o proto linguaxe dos bebés. Ao final da actividade deixaron os materiais que empregaron para que as crianzas puidesen explorar coas familias. En xeral unha actividade recomendable, onde podemos percibir que os bebés desfrutan.
Mira máis fotos e vídeos da actuación aquí.

Compartir con Charo Pita o contacontos de “A formiga na barriga” foi unha absoluta gozada para os quince nen@s e os adultos que os acompañaron.
Rimas, historias, xogos e cancións captaron completamente a atención de nen@s moi, moi pequen@s.
“A formiga na barriga. O cempés, alá nos pés. A tartaruga, na caluga. E a perdiz, pois… no nariz.”

Enmarcada na Semana das Letras Galegas en Culleredo, o 18 de maio tivo lugar esta maravillosa actividade para os bebés, na Biblioteca Miguel González Garcés do Burgo. Charo Pita deixounos a todos abraiados. Contos e cancións con “A formiga na barriga”


Charo Pita cautivou a nosa rapazada de 0 a 3 anos cos seus contos musicais A formiga na barriga. Espectáculo altamente recomendable. A contadora é unha virtuosa na arte de contar e cantar. Mostrou gran sensibilidade no trato cos cativos .



Séguenos