30/07/2025
Unha actividade divertida, educativa e chea de curiosidades que fixo as delicias dos máis pequenos… e tamén dos maiores!
A través dun contacontos cheo de humor e imaxinación, coñecemos a Frankie Stein, un científico que nos foi guiando polo mundo da ciencia. Con el descubrimos que os experimentos non son cousa de laboratorios pechados nin de xente con batas brancas, senón que a ciencia está por todas partes!!
Os nenos e nenas convertéronse en pequenos científicos e científicas, puxeron as mans na masa e realizaron diferentes experimentos nos que a curiosidade foi a gran protagonista. Dende reaccións químicas sorprendentes ata xogos de observación e dedución, pasárono en grande mentres aprendían sen decatarse.
Este obradoiro foi unha mostra perfecta de como a lectura pode abrir portas a moitos mundos, e nesta ocasión, abriunos as portas ao mundo da ciencia.
Séguenos