En BiblioPazos celebramos o Día das Letras Galegas co obradoiro “Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde” de Eduvia
Seguindo coa programación de Ler Conta Moito deste ano 2015 en BiblioPazos tivemos con nos o pasado venres 15 de maio, ás 11:00 da mañá, aos alumnos de 5ª de Primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos co obxecto de celebrar o Día das Letras Galegas. E fixémolo co obradoiro “Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde” dos nosos amigos de Eduvia.
Durante unha hora e media a través de dirvertidos xogos por equipos (“Maria Mariño”, “Rosalía de Castro” e “Anxel Fole”) no que lanzando un dado enorme, por quendas, os participantes ían realizando as probas indicadas -pictionary, a crear, sorpresa…- todas relacionadas co Día das letras Galegas, coa súa historia, e cos autores homenaxeados ao longo do tempo, con especial atención ao deste ano, o historiador, escritor, político e etnógrafo Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Unha divertida, animada e participativa forma de aprender cunha actividade na que o pasamos moi ben.
Aquí deixamos unha mostra…
Séguenos