“APRENDENDO SOBRE BIOTECNOLOXÍA”

O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada pasarono en grande exercendo de pequenos científicos no obradoiro titulado “Biotecnólogos na Biblioteca” que se celebrou onte en Carballedo.

O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada pasarono en grande exercendo de pequenos científicos no obradoiro titulado “Biotecnólogos na Biblioteca” que se celebrou onte en Carballedo.
O sábado 25 de marzo tivo lugar na Biblioteca Municipal do Grove o obradoiro”Audicontos” a cargo de CreAppcontos e dirixido á rapazada a partir de 6 anos.

Os asistentes aprenderon a utilizar Tablets e Apps para crear os seus propios contos , con audios e coa posibilidade de engandir a súa propia voz, explorando as novas Tecnoloxias Emerxentes.

Unha vez rematados os contos, todos os participantes realizaron unha exposición para os seus familiares, compartindo historias e lecturas nunha fantástica tarde de sábado.

Esta actividade facilita e estimula o desenvolvemento d@ nen@ a nivel emocional, intelectual e social. Promove a creatividade, a imaxinación, o galego e a fala dende os novas tecnoloxías
Hoxe luns 27 de marzo é o Día Mundial do Teatro… con tal motivo puidemos gozar do “teatro máis pequeno do mundo” e dunha manchea de peculiares historias e contos da man de Santi Prego… co que os rapaces e rapazas que asistiron á activide pasaron unha divertida mañá. Deixámosvos algunhas imaxes…


Este espectáculo de soul e literatura co que nos deleitou Iria Mejuto foi unha verdadeira “experiencia para a alma”. Puidemos facer un percorrido pola música negra dos anos 90, prestando especial atención á composición, escritura e interpretación deste tipo de melodías do soul, obtendo como resultado unha combinación perfecta para os nosos sentidos.

Din que os trasnos son seres máxicos. Nós puidemos comprobalo con Dada e as historias que nos trouxo a Cambados esta fin de semana. Esta seisón de contacontos amenizounos a tarde con relatos cheos de aprendizaxes e valores como o da convivencia e o respecto ao medio. Ao mesmo tempo que os cativos se divertiron, tratouse de promover o hábito lector dende a infancia…Ata pronto Dada!

É OURO, actividade de ciencia a cargo de Antonio José Rodríguez Fernández na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Ouro parece… O libro animado, trampantoxos, kinematoscopio, o mundo da distorsión e figuras inestables, estereografía… Enganando o sentido da vista. Especial para o mes da Ciencia co tema de Física óptica. Os nenos e nenas participantes e os seus pais valoraron a actividade de moi interesante, un excelente no seu contido e no profesional que a realizou. Recomendan esta actividade.
Visita o noso BLOGGIT, blog da sala infantil-xuvenil da Biblioteca

Con motivo do Día do libro tivo lugar o 21 de abril un obradoiro de introducción os cativos de infantil, 4 anos, do CPI Cabo de Area de Laxe no mundo científico. Os contidos foron bastante interesantes e os nenos prestaron moita atención tendo unha actitude moi participativa. A combinación ciencia e libros pódese valorar como moi satisfactoria no noso caso.

O día 25 de outubro, Nita presentou a “CIENCIA DIVERTIDA” na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal” de Arteixo, facendo misturas con cousas caseiras contando coa participación entusiasta dos nenos que disfrutaron descubrindo a ciencia e os relatos.
Onte, 24 de outubro, a Biblioteca Municipal Luís Rei e as diferentes axencias de lectura de Cambados, reunímonos no Auditorio Municipal da Xuventude para celebrar dun xeito especial o Día das Bibliotecas.
O evento comezou cun pregón a prol da lectura e as bibliotecas, que este ano escribíu a galega Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, e que ela mesma nos remitíu en galego. De seguido, iniciouse unha fermosa contada por parte de Raquel Queizás, “A Orixe”, grazas ao programa da Xunta de Galicia Ler conta Moito, para todos os públicos. Con ela viaxamos ao Perú xunto con máxicas personaxes e historias da tradición oral andina.
O obxectivo desta celebración non foi outro máis que agradecer aos usuarios da Biblioteca e as axencias de lectura, o seu apoio e a súa participación en todas e cada unha das actividades desenvolvidas ao longo do ano. Por eso ao rematar, galardoaronse aos lectores máis activos neste ano, cuns lotes de libros.



Séguenos