19/06/2015

Co título “É o cosmos”, na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano da Coruña organizamos para os meses de maio, xuño e xullo unha selección dos mellores materiais relacionados coa Astronomía, incluíndo as mellores novelas e películas de ciencia ficción. Ademáis realizamos unha serie de actividades complementarias para achegar a Astronomía a todos os públicos.
Entre elas, dentro do Programa Ler Conta Moito, o 18 de xuño ás 18:30 h. tivemos o obradoiro de ciencias “Quero ser Astronauta!. Impartido por David Ballesteros de Ceo Aberto. Ao obradoiro asistiron un total de 17 rapaces con idades de 9 a 13 anos.
Acehgámosnos ao mundo da astronáutica mediante experiencias físicas, dificultades e requisitos que debemos cumprir para converternos nun astronauta. Tras unha breve introdución sobre a historia da astronáutica, coñecimos os procesos de selección aos que debemos someternos para converternos nun astronauta. Moito experimento e animación á lectura para uns rapaces moi motivados.
Séguenos