
O 10 de outubro Esperanza Mara a cargo de EMANARTE, presentou na Biblioteca de O Froxel “Fco. A. Vidal” de Arteixo, o seu espectáculo contando e cantando historias sobre animais e instrumentos musicais rematando con canto lirico que fixo a delicia dos asistentes mais pequenos e tamén dos maiores

O sábado 7 de outubro recibimos a Manuel Vicente na Biblitoeca de Narón. Da súa man aprendemos unha morea de cousas: o que teñen en común os/as científicos/as e os escritores/as de novelas detectivescas, o que hai que saber para ser un bo ou boa investigador/a, a separar o ADN dun ser vivo, a estar atentos/as a todos os detalles do escenario dun crime e… a que tras a cara de boa dalgunha bibliotecaria pode agocharse unha despiadada asasina 🤦

Elisabet Hillerud achegou ao alumnado do Ies Poeta Díaz Castro o obradoiro “Poema zen para a igualdade” no que se utilizou o método Zentangle, decorando un poema sobre a igualdade entre homes e mulleres e creando unhaa concienciación de non violencia. Zentangle crea belas imaxes e fomenta a paz interior e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística.Sen ter coñecementos previos de debuxo.

Este luns 2 de Outubro a rapazada da Biblioteca Municipal de Dorneda participou nunha emocionante escape room. A monitora, Antía Yáñez, transformou a nosa sala infantil na escena dun crime: un cadáver, pistas, candados, quebracabezas e posibles sospeitosos. O equipo investigador tivo 60 minutos para atopar as pistas, resolver o caso e descubrir ao asasino.

Os alumnos de 1°e 2° da ESO do IES Plurilingüe Fontem Albei de A Fonsagrada participaron esta mañá nun Escape Room na Biblioteca Pública Municipal do Concello de A Fonsagrada .
Neste xogo de aventuras físico e mental a rapazada resolveu unha chea de indicios e enigmas contra o reloxo.
O pasado sábado 30 de setembro realizamos un obradoiro de cómic na Biblioteca Pública Municipal A. Castelao de Betanzos.
Dirixidos polo debuxante Santy Gutiérrez aprendimos os trucos básicos para elaborar cada viñeta (planos, textos, marcas de movemento, sentimentos….). Partindo dun guión establecido polo autor, cada participante debía deseñar as seis viñetas que requería a historia, dando lugar a diferentes puntos de vista para unha mesma narración.


A tarde do venres 22 de setembro tivemos na biblioteca unha sesión máxica con Pedro Bugarín.
E realmente foi unha tarde máxica e moi divertida, na que as nenas e nenos asistentes, e algunha persoa adulta, desfrutaron e participaron dos trucos de maxia con gran espectación.

Para iniciar o curso 2023-2024 un grupo de 10 rapaces e rapazas participaron neste divertido “scape room”. Conseguiron resolver as pistas e dunha maneira lúdica reflexionaron sobre a importancia deloitar contra os prexuízos a partir dos personaxes literarios. 
O pasado venres 22 de setembro a biblioteca do Milladoiro encheuse dun grupo de rapaces e rapazas que se convertiron en auténticos detectives. E si!! Conseguiron dar co responsable do desorden da biblioteca!! 


Séguenos