“4500 Anos da incrible historia da maxia (Parte 1 e 2)” do Mago Teto


Na tarde do mércores 5 de outubro a Biblioteca Municipal Central de Cambre contou coa presenza de Yolanda Castaño. Esta recoñecida escritora bosquexou para o público asistente a súa peripecia profesional, os obstáculos, prexuízos e conflitos que viviu na súa determinación de ser Muller, poeta, en galego e… Polo mundo!
Unha charla moi amena que ilustra a necesaria loita de emancipación feminina desde o celme mesmo da nosa literatura.


CIENCIA DIVERTIDA:
Para rematar Xullo, tivemos unha mañá moi entretida cos rapaces e rapazas usuarios da Biblioteca Pública Municipal.
Aprendimos quén era Xulio Verne, coñecimos os seus libros e un pouco da súa fantasía. Ademáis, creamos entre todos, uns experimentos baseados nas súas novelas: “Viaxe ao centro da Terra”, “da Terra á Lúa”, “A volta ao mundo en 80 días”, etc..
Un obradoiro de Ciencia divertida que nos mantivo toda a mañá entretidos 🙂



Fermoso espectáculo narrativo e musical que trascende as xeracións e na que o público máis pequeno participou activamente creando unha tarde máxica.

Rocío Couto axudounos este ano a celebrar o Día do Libro. Durante unha hora e media a biblioteca encheuse de carreiras de rapaces en busca do misterio agochado entre os nosos libros. Unha actividade ideal para aprender sobre a organización do noso fondo.

Con motivo das Letras Galegas visitáronnos Cris e Jean. Os rapaces e rapazas que viñeron celebrar na biblioteca este día tan especial aprenderon o funcionamento da imprenta e elaboraron un fermoso fanzine sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Con motivo das Letras Galegas visitáronnos Cris e Jean. Os rapaces e rapazas que viñeron celebrar na biblioteca este día tan especial aprenderon o funcionamento da imprenta e elaboraron un fermoso fanzine sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Este martes 24 de maio, fixemos un percorrido da man de Yolanda Castaño dende os seus inicios, sendo unha cativa que admiraba a Rosalía e soñaba con crear poemas como ela, á muller poetisa que é hoxe, cunha carreira imparable, eso sí, con gran esforzo, reinventándose cos anos sen decaer ata poder vivir da sua obra poética.
Agardamos ter máis oportunidades coma esta de gozar coa súa poesía.
O venres 6 visitou a Biblioteca do Grilo-Cacheiras Óscar Villán para falarnos do mundo da ilustración. Partindo do seu traballo e do traballo doutros artistas, amosou unha panorámica do proceso creativo detrás da ilustración e de distintas maneiras de abordar esta disciplina artística.



Séguenos