UN LAPIS CON MOITOS VALORES

Unha proposta moi interesante a de Andamiaxe para transmitir valores aos nenos de Camariñas.

Unha proposta moi interesante a de Andamiaxe para transmitir valores aos nenos de Camariñas.
O 25 de outubro seguimos a celebrar o Dia das Bibliotecas cun contacontos da man de Trémola Teatro titulado “Eva na Antártida”.
Esta vez acompañáronnos nenos do CRA Amencer que pasárono en grande coas aventuras medioambientais de Eva na Antártida e coñeceron a problemática do derretimento do xeo e as súas consecuencias no ecosistema polar.


“Los Últimos” Teatro recalou en San Pedro de Muro (Porto do Son) co seu espectáculo de poesía, contos e maxia que fixo as delicias do público, fundamentalmente infantil, que se achegou a presencialo.

No seu paso por Portosín, Dada a Trasna relatou os seus mellores contos ós rapaces da contorna e fomentou o respecto polo medio ambiente, a convivencia e os hábitos lectores. Os pequenos desfrutaron da experiencia na compaña dos seus profesores.

A Fada do saco Verde visitou Porto do son, e compartiu cos nenos a súa sabedoría, contos, e cancións.

Aida Cobas caracterizada como a Fada


O pasado venres 25 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas en Cerdedo-Cotobade. Recibimos a visita de Cris de Caldas co seu contacontos “A Bibliotecaria Estrafalaria 2.0”. Unha serie de historias divertidas e moi estrafalarias que fixeron as delicias das nenas/os e os/as maiores asistentes ao espectáculo.

Rotundo éxito foi o obtido pola actividade”Véxote! Contacontos inclusivo”. Dende o primeiro momento logrou captar a atención e a implicación de todos os participantes na actividade que mostrou unha temática tratada con gran sensibilidade. Entre risas e complicidade, lograron presentarnos un obradoiro creativo e singular.
Onte, veunos visitar con unha maleta chea de contos, Ana Meilán.
Contounos moitas historias divertidas, que nos fixeron viaxar polo mundo de fantasía.
Contos cheos de color e aventuras…….

Para celebrar o día da Biblioteca, tivemos en Santiso o conto de Aitana e a avoa, e outros contos violetas, onde os cativos aprenderon unha chea de contos e disfrutaron da xornada con moito entretemento.

Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.
O mércores 23 de outubro, 18:00 h, tivemos: Na túa man, deRaquel Queizás.



Séguenos