“Pablísimo” en Valdoviño con “Contos de sobremesa”

O venres 4 de outubro contada de Pablísimo para os usuarios da Biblioteca de Valdoviño que se mostraron encantados de escoitar os “Contos de sobremesa”.


O venres 4 de outubro contada de Pablísimo para os usuarios da Biblioteca de Valdoviño que se mostraron encantados de escoitar os “Contos de sobremesa”.

O mércores día 2 de outubro, visitounos no Auditorio do Concello Maria Paz Gutierrrez de Solidariedade Internacional de Galicia, co seu espectáculo “CONTOS DO MUNDO”.
Contos do Mundo é unha campaña de educació multicultural que fomenta o coñecemento doutras culturas para erradicar futuros comportamentos racistas, xenófobos, etnocentristas e a creación de prexuízos e estereotipos culturais e sociais.
A través das súas narracións Maria Paz Gubierrez trasladounos ao deserto do Sahara, ensinándonos a súa fermosa e pintoresca xeografía, os costumes e lendas dos saharauís e facendo participar moi activamente ás máis de 150 persoas que asistiron á sesión.
Esta actividade encádrase dentro do programa LER CONTA MOITO da Rede de Bibliotecas de Galicia, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Para máis información visita o blog de BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén.
Trinketrinke Teatro trouxo “Os ratiños da caixa” o venres 4 de outubro á Biblioteca, trinta e sete nen@s gozaron da súa actuación.

Onte, 3 de outubro, Raquel Queizás foi a encargada de contar contos na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo. Durante unha hora, foi sacando da súa “maletra” diferentes historias que acapararon a atención dos asistentes, tanto da rapazada coma dos adultos que os acompañaban. Uns e outros foron cómplices e participaron activamente na sesión.

O xoves 3 de outubro ás 18:30, a compañía Elefante Elegante presentou o seu espectáculo “O Aviador” na Biblioteca Central Rialeda de Oleiros. Os nenos e nenas divertíronse moito coa actuación de Gonçalo e o seu amigo o moucho, que ten que vivir na oscuridade. Utilizando o teatro de sombras e os monicreques, narraron diferentes historias.

Día 6 de setembro de 2013 ás 17:00, na axencia de lectura Maruchi Arias de Currelos
A Asociación Cultural Os Carballiños, cos seus Contos vivos pertencentes ó repertorio do programa Ler conta moito.
O contacontos co seu moi especial chapeu, a súa divertida maleta compartiu connosco un gran repertorio de historias de animais salvaxes, cheas de maxia e ilusión.
Juanito quería unha mascota a toda costa, pero todo eran problemas porque á súa nai non lle convencían nada as mascotas que escollía, ata que por fin, … atopou a mascota que súa nai lle permitía ter na casa.
Vimos un libro máxico, que o mesmo non tiña debuxos, pero co noso esforzo e concentración aparecía cheo de ilustracións, e incluso con máis concentración se enchía de cores.
Pasámolo moi ben, rimos e participamos cantando a canción “Tiburón, tiburón”.
Día 6 de setembro de 2013 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
A Asociación Cultural Os Carballiños, cos seus Contos vivos pertencentes ó repertorio do programa Ler conta moito.

O contacontos co seu moi especial chapeu, a súa divertida maleta compartiu connosco un gran repertorio de historias de animais salvaxes, cheas de maxia e ilusión.

Juanito quería unha mascota a toda costa, pero todo eran problemas porque á súa nai non lle convencían nada as mascotas que escollía, ata que por fin, …

Escoitamos moi atentos para saber que pasaba a continuación.

A historia do tiburón sen dentes rematou moi ben, e con esta historia cantamos e bailamos.
Esta mesma actividade desenvolveuse pola tarde na biblioteca de Currelos.
O luns 30 de setembro ás 18:30 aterrou na nosa biblioteca “O Aviador” da compañía Elefante Elegante que foi recibido con expectación , risas e aplausos polos nenos e nenas de Montrove. O aviador presentounos ao seu amigo o moucho e houbo sombras chinesas que entusiasmaron ao público. É un gran espectáculo para os máis pequenos. Gonçalo, o dinamizador, foi eloxiado nesta sesión tanto polos nenos e nenas como polos adultos, e fixo que fose unha sesión moi divertida e entretida do comenzo ao final
O día 25 de Setembro na Biblioteca “Antón Castro” de Meicende, os nenos e pais gozaron moito coas “HISTORIAS DÁ MALETRA” de Raquel Queizás, como “O Pampón”; “Un bicho raro”; e moitas outras.
Durante 50 minutos participaron activamente na interpretación dos contos, viaxando ao interior dos libros e facendo voar coa imaxinación a os mundos da fantasía coa axuda da música e outros sons.

O venres 27 de setembro, ás 18’30 horas, realizouse na Biblioteca de Nós unha das actividades do programa Ler conta moito.
A sesión, titulada “As dúbidas dos animais”, consistiu na narración, por parte da contadora Fátima Fernández, dunha serie de contiños que tiña como protagonistas aos animais xunto coas súas dúbidas, medos, e afán de superación.
52 persoas, das que 31 eran rapaces e 21 adultos, seguiron con atención as animadas narracións, xa que a contadora, non só se apoiaba nas ilustracións dos contos para facilitar o seguimento da historia, senón que a modulación da súa voz foi impecable durante toda a hora que durou a actividade.
As/Os asistentes participaron activamente e disfrutaron dunha hora de esparcemento e diversión na Biblioteca.



Séguenos