“Superheroe” na biblioteca
O xoves 8 de setembro de 2022, ás 19.00 h., na biblioteca do Porriño tivemos a actuación de Fran Rei coa obra “Superheroe”, un espectáculo de narración familiar á que acudiu un gran número de persoas da nosa comunidade.
Trátase dunha obra moi entretida con argumento moi peculiar. En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos. Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, tan de moda nos últimos anos, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroinas que, día a día, nos fan a vida máis doada, máis fermosa e máis feliz.































O día 03/08/2022 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade: comeza explicando que todas as persoas poden contar unha historia, que non ten porque ser real. Así vai falando con diferentes participantes, a cada un/ha deles consegue que lles relate unha historia inventada, a través das preguntas que lles vai facendo. Historias que se volven divertidas, e que todos son capaces de narrar.



Séguenos