Paula Carballeira con Camiños do mar, terra e vento na Biblioteca dos Tilos
O venres 1 de outubro visitounos Paula Carballeira para contarnos fermosos contos. Pasámolo estupendo tanto os maiores como a rapazada

O venres 1 de outubro visitounos Paula Carballeira para contarnos fermosos contos. Pasámolo estupendo tanto os maiores como a rapazada

Este sábado pasamos unha tarde fantástica mergullados nas historias de César No, o bo facer do sarriao fixo que as crianzas e os seus acompañantes gozasen coas historias de aventura dun príncipe que desexaba vestir de rosa, demostrándolle ó seu pobo que iso non desmerecía a súa boa labor ou a galiña “pirata pata de lata” empeñada en dar o tesouro para que todo o pobo poidese beneficiarse e para rematar, as falcatruadas do gato de César na alameda de Santiago.
Entre cancións e repeticións os nenos e nenas levaron unha mensaxe do realmente importante.

O martes, 27 de xullo do 2021, recibimos a visita dunha pirata moi divertida. Escoitamos as aventuras de Daniela pirata e intentando emulala realizamos unha serie de probas para chegar a ser, nós tamén, uns piratas. Así tivemos que preparar unha sopa ou buscar un tesouro… probas que @s cativ@s superaron con éxito e moito sentido do humor. Donde viven los cuentos narrou un conto sobre a igualdade que encantou @s cativ@s. Foi unha mañá moi entretida, esperamos vernos de novo!

O pasado día 29 de setembro, estivo con nos Harris, a toupa arqueloga, para facer desfrutar a nenos e maiores coas súas aventuras.
Unha orixinal maneira de achegar as mámoas e o patrimonio cultural aos máis pequenos/as.


Este xoves contamos, na Biblioteca Central Rialeda, coa presenza de Zoila Gulín, que fixo gozar ás nenas e nenos de Oleiros coa narración escenificada dos viaxes do aventureiro coello Turpin.


O día 29 de setembro, ás 18.30 h, as crianzas asistiron a unha actividade chea de cancións na que tiveron unha participación moi activa e o resultado foi estupendo.

O venres 24 celebróuse este conto. Os nenos participaron moito, chamando para espertar a Amedeo, e logo imitando os animais da granxa, algo que
para eles , en xeral, é moi coñecido. Os pais moi contentos, notábase moita alegría.

O martes 28 de septembro, na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal” de Arteixo, Ian & Elisa trouxéronnos maxia e sombras chinescas usando contos e fábulas como fío conductor facendo que grandes e pequenos disfrutasen dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación.




O xoves 23 tivemos unha visita moi especial e unha chea de contos con Manuel Solla!


Séguenos