Os tres porquiños na biblioteca do Milladoiro (Ames)
Unha estupenda sesión de contacontos, música e xogos da que os máis pequenos da casa gozaron un montón. Coma sempre, Migallas Teatro non defraduda!
Unha estupenda sesión de contacontos, música e xogos da que os máis pequenos da casa gozaron un montón. Coma sempre, Migallas Teatro non defraduda!

Actividade de Ler conta moito para alumnos de 6º de Educación Primaria do C.P.I. de Pontecesures. Asistiron 35 nenos/as.
Mañán maravillosa escoitando a Fátima, que conta coma ninguén… Contos de tradición oral e escrita, relatos de mulleres que mesturan as risas cos choros e que tiveron que enfrontarse a unha sociedade que as trataba dun xeito diferente.
Rematada esta actividade fixemos unha visita o mural “O tren de Varela”, pintado polos/as alumnos/as da escola de pintura da Asociación A Barcarola de Pontecesures. O mural é unha reprodución dunha foto antiga do paso do tren de Varela pola ponte de ferro no río Ulla. A locomotora era a Sarita. Esta foi a primeira línea de ferro de Galicia (Carril-Cornes) inaugurada no ano 1873
Carmen Domech trouxo á nosa biblioteca unha chea de contos pero tamén amosounos algúns libros ben raros: libros que botan lume, libros que se lles caen as letras, libros que botan auga… Todo un mundo de contos e libros para pasalo en grande na biblioteca.

O 24 de outubro celebramos o Dia das Bibliotecas cun espectáculo de Paco Nogueiras, Brinca vai de aquí a acolá, cheo de contos, música e moitas cancións.
A actividade levouse a cabo no auditorio da Casa da Cultura, onde está ubicada tamén a biblioteca, para poder garantir a máxima seguridade nestes momentos de pandemia.
Estas son algunhas das fotos da actividade


O pasado venres tivemos a sorte de recibir na BPM de Sarria á actriz e escritora Celtia Figueiras, quen nos relatou o conto de “U-la lúa?”, unha gatiña que quería cumprir un soño: viaxar.
Cos seus monicreques de mesa e a súa voz, a artista conseguiu que as nenas e nenos seguiran con moita atención a historia. Participaron e riron ao longo de todo o conto, e aprenderon a importancia das amizades e da unión para que os soños se fagan realidade: a felicidade dos demais tamén é a túa.


O pasado 23 de outubro tivo lugar no Centro cultural de Cerdedo o contacontos “A Familia de Tango” da man de Pedro Brandaríz. Unha serie de contos para fomentar a igualdade entre os máis pequenos.
O sábado 24 de Outubro ás 18.00 h veu a festexar connosco o Día da Biblioteca Pakolas que nos contou as súas parábolas…

Con Pakolas rematamos o Ciclo adicado ó Mes da Biblioteca… e con el tamén nos despedimos do Ler Conta Moito deste ano…

A pesar das restricións polo Covid-19, respetando as distancias de seguridade, utilizar hidroxeis e levar posta a máscara, etc. fixemos posible un novo programa de dinamización á lectura…

Moitas grazas pola tarde que nos fixeches pasar. Ata a próxima!!!


Xarope Tulú deleitounos cunha divertida sesión de contos con personaxes extraídos da súa maleta.
Sabela Gago, de Sarabela Teatro, contounos a historia de Noa, unha divertida historia que contou coa participación dos asistentes e coa que se fomenta a igualdade entre nenos e nenas e a importancia da imaxinación.


Onte pola tarde, gozamos coa actividade de Iria Pinheiro: “Carabranca”. Un contaconto pola igualdade con moitas sorpresas como, unha maleta de sombras chinesas.


Séguenos