Como axudo a Antón? Un contacontos na BPM de Brión para previr o acoso escolar





Bebés (de 1 a 3 anos) e maiores pasárono estupendamente participando de maneira moi activa nesta actividade na que Charo Pita cantou, acompañada de guitarra e de tambor africano, cancións das que tanto a letra como a música son da súa autoría.
Tamén dramatizou O trapiño de Ioké e, mesturando outros contos como Unha eiruga moi larpeira e Pío Pío, teceu unha historia que ten como protagonistas ás campás Dondondirindonga e Dondondirindón e a razón pola que deixan de tocar.


O domingo 30 pola tarde chegaron ata A Barrela unha morea de contos e historias sobre o mar. O público asistente estivo moi entretido coas aventuras o vello mariñeiro Xan e a súa neta Uxía.
O luns día 1 de outubro a compañía Sarabela Teatro levounos de viaxe coa súa maleta e unha caixa chea de aventuras.
O día 28 de setembro tivemos un contacontos na nosa biiblioteca de Culleredo, a cargo de Carmen Domech. Nel a señora Antonia, que dí é meiga, a través de cinco historias, nos achega ao mundo do terror, intriga e medo, pero con humor.



O Mércores, 3 de outubro, na ALM de Corvillón-Cambados tivemos a oportunidade de ver o espectáculo “Lobo Bobo” da compañía Elefante Elegante, unha divertida reinterpretación dos contos clásicos, chea de sorpresas, música e cor. Tódolos cativos e cativas pasaron un momento ben divertido en compañía de Gonzalo e as súas historias. Os asistentes gozamos moito desta actividade.
O martes 2 de outubro, “Patri”, encheu a Biblioteca de O Froxel con emocións, compartindo alegría, tristeza, rabia e simpatía, facendo que os nenos reflexionen sobre o seu significado, así como a mellor forma de xestionalos.
Contou a historia de “O monstro de cores” e os nenos pintaron as cousas que lle fan sentir emocións intensas, facendo que sexa unha experiencia moi positiva.



O Martes, 2 de outubro, na ALM de Vilariño-Cambados tivemos a oportunidade de ver o espectáculo “Lobo Bobo” da compañía Elefante Elegante, unha divertida reinterpretación dos contos clásicos, chea de sorpresas, música e cor. Tódolos cativos e cativas pasaron un momento ben divertido en compañía de Gonzalo e as súas historias. Os asistentes gozamos moito desta actividade.



O luns, 1 de outubro, na ALM de Oubiña-Cambados tivemos a oportunidade de ver o espectáculo “Lobo Bobo” da compañía Elefante Elegante, unha divertida reinterpretación dos contos clásicos, chea de sorpresas, música e cor. Tódolos cativos e cativas pasaron un momento ben divertido en compañía de Gonzalo e as súas historias. Os asistentes gozamos moito desta actividade.
O venres, 28 de setembro, tivemos o pracer de recibir a Migallas teatro na biblioteca de Mera (Oleiros).
Migallas engaiolou ao seu público co espectáculo Canta connosco! desde o primeiro momento. Pasamos unha tarde verdadeiramente divertida en familia na que os cativos e maiores cantamos, bailamos e sobre todo non paramos de rir.



Séguenos