UNHA HISTORIA DE AMOR
A compañia POLO CORREO DO VENTO ilustrounos cunha actividade creativa chea de contos e debuxos sobre UNHA HISTORIA DE AMOR da escritora Mª Victoria Moreno homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

CARTEL
A compañia POLO CORREO DO VENTO ilustrounos cunha actividade creativa chea de contos e debuxos sobre UNHA HISTORIA DE AMOR da escritora Mª Victoria Moreno homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

CARTEL
Os máis pequenos e pequenas xunto cos seus pais,nais, avós e avóas da parroquia puideron disfrutar do contacontos, adentrándose de forma máxica na natureza de man da mariquiña PEPIÑA MARUXIÑA. O espectáculo incluíu globoflexia que tanto lle gusta os nenos e nenas.

CONTACONTOS PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR

CONTACONTOS NA A.L.M. DE CORÓN

CARTEL
Día 19 de outubro de 2018 das 10 da mañá ata case a medianoite, na biblioteca de Escairón
Na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, despois do éxito acadado nas catro edicións anteriores, volveremos adiantar o Día da Biblioteca e celebrar o Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca, con actividades de moi diverso contido, empezando con visitas escolares ó longo de toda a mañá e non rematando ata case a medianoite.
Este ano acompañáronnos o autor e intérprete Daniel Blanco Chapela de ThemomentoImpro e a narradora Fátima Fernández (ámbolos dous do repertorio do programa Ler conta moito), que visitaron a Biblioteca cun obradoiro teatral a partir de 10 anos e cunha sesión de contos para toda a familia.
Este foi o Programa completo:
Visitáronnos os estudantes de 4º e 5º de Infantil, que aprenderon onde están os libros axeitados á súa idade e como poden lelos ou levalos para a casa. Ademais, os de 5º e 6º de Primaria, aprenderon que, ás veces, nos podemos atopar con libros obsoletos, que conteñen datos incorrectos ou que están en mal estado, polo que despois de escoitar que se poden retirar da biblioteca, axudáronnos a seleccionar de entre algúns dos que tiñamos listos para retirar, aqueles que na súa opinión SI debemos retirar e aqueles que NON. Sorprendentemente, houbo algún bastante deteriorado que recibiu o seu indulto porque é moi divertido, tén debuxos moi bonitos e ademais pode axudar ós máis pequenos a aprender. Algún, aínda que está moi chulo, está demasiado vello e roto, polo que non queda máis remedio que retiralo. Grazas por axudar á biblioteca coa difícil tarefa de expurgo (que é como se chama a esta retirada de libros), pois a opinión dos principais destinatarios dos libros que analizamos é moi importante.

Despois das visitas guiadas do mediodía, ás 17:00, xusto antes de empezar cos obradoiros de tsumami e de imrovisación teatral de Daniel Blanco, tivemos videoconferencia con Loli, a nosa querida monitora de origami desde Escairón a Kioto (Xapón).
Logo da merenda, continuou o obradoiro teatral e tivemos contacontos cunha eiruga moi larpeira, que rematou cun obradoiro de manualidades e un xogo de mesa.
Cando ás 21:00 chegou Fátima Fernández cos seus contos quedamos todos e todas coas bocas e as orellas moi abertas, menudas cousas que nos contou! Superxenial e megafantástico ou megaxenial e superfantástico, en palabras dalgúns participantes.
Despois de cear unhas deliciosas pizzas, adentrámonos no mundo de Harry Potter e o quidditch establecendo un torneo entre todas as casas de Hogwarts.
Rematamos a festa case á medianoite coa promesa de volver á biblioteca atopar novos misterios, aventuras e sorpresas.
Como vén sendo costume, pais e nais tiñan máis ganas de ir durmir que os máis pequenos da casa.
Esperamos que o pasarades ben e que sigades con ganas de visitar a vosa biblio. Nós xa estamos pensando como celebralo o próximo ano.
Agradecemos de corazón a vosa participación nas actividades e esperamos que o pasarades moi, moi ben.
Expresión Produccións achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente un divertido espectáculo de animación á lectura con varios ingredientes: maxia, contos, monicreques, adiviñas, participación diversión e moito máis que que fixeron as delicias do público asistente.

Todos os membros da familia foron introducíndose no mundo máxico dos contos coa axuda dunha maleta máxica e da man dos seres fantástico que nela habitan

O venres 19 recibimos na BPM do Grilo-Cacheiras a visita de Biosbardos co seu espectáculo Cómo axudo a Antón?. É un contacontos sobre o bulling, que se desenrola en dúas partes, unha primeira onde contan a historia, e unha segunda cun pequeno debate sobre o tema,onde os nenos califican o comportamento das persoaxes do conto cunhas tarxetas vermellas ou verdes que reparten, e entre todos intentan correxir os feitos que non lles gustan. É un espectáculo moi participativo e que tivo moi boa acollida de pequenos e grandes


CARTEL
O martes 16 de outubro e seguindo coa nosa programación do Mes das Bibliotecas, tivemos os “Contos do chupete” da man de Migallas Teatro na nosa biblioteca onde o pasamos de rechupete. Foi unha sesión de contos para bebés na que se integraron música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral.
Foron moitos os bebés que xunto con pais e nais quixeron pasar unha tarde tenra e familiar, e disfrutar cantando, tocando palmas e facendo sons. Non hai máis que ver as súas caras de disfrute 😉

E como parecía que non lles chegaba a sesión 🙂 , Bea e o seu compañeiro ofreceron unha derradeira no exterior da biblioteca aproveitando a boa tarde que quedou. Alí, xa libremente, os cativos que non tiveron que marchar, achegáronse a tocar os instrumentos musicais e disfrutaron un bo anaco.

Moitas grazas a Migallas Teatro por esa tarde tan familiar e divertida. Un pracer teros connosco e ata outra!
Da man de Patricia Ramírez de Eduvía desfrutamos dunha tarde en familia moi especial na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña.

A través dos contos as familias aprenderon un pouco máis das súas emocións, a identificalas, recoñecelas e poñerlle nome. Éstas son as bases para que aprendan a controlalas, xestionalas e utilizalas a través da intelixencia emocional.
Prestar atención ás emocións e saber adestralas permitará afrontar o día a día familiar dun xeito máis eficiente, e levará como garante que os nenos e nenas se convirtan nun futuro en persoas adultas máis felices.
A actividade estaba enmarcada dentro dun ciclo temático “Cre en ti”, un ciclo pensado para axudar a mellor a nosa calidade de vida acadando metas e obxectivos mudando hábitos e comportamentos e sobre tomando conciencia do momento presente. A mostra abrangue diversas actividades e a selección dun fondo documental específico.



O martes 16 de outubro “As parábolas de Pakolas” chegaron a nosa Biblioteca da man de Paco Cerdeira.
Os nenos e nenas poideron bailar, cantar e coñecer instrumentos musicais, como o theremín e a guitarra eléctrica.
Paco interpretou temas a ritmo de rock e máis estilos, alternando coa narración das historias que nelas se recollen.

O pasado mércores tivemos a sorte de gozar na Biblioteca de Portonovo do espectáculo tan “doce” que nos ofreceu Teatro Calavera. Foi unha tarde preciosa, xa que o tempo acompañounos e puidemos ofrecer o espectáculo na praza da biblioteca, e así dar máis cabida aos espectadores. E despois entramos para facer o taller de masa de azucre que encandeou a todos os nen@s asistentes.

A verdade é que o público superou as nosas espectativas, xa que foron 43 nen@s os que cos seus pais, nais e avoas, achegáronse a gozar desta sesión. Iso sen contar as persoas que pasaban pola rúa e achegábanse a ver que ocorría na biblioteca.

Temos que agraceder de corazón o saber facer de “Antón” e “Tomasa” que nos fixeron pasar unha tarde inesquecible. Un pracer tervos na nosa biblioteca, e esperamos volver vervos por aquí 😉


Séguenos