CASTELAO PARA CRIANZAS

Usuarios da biblioteca escoitando historias , debuxando e cantando ao ritmo da pandeireta no Ano Castelao

Usuarios da biblioteca escoitando historias , debuxando e cantando ao ritmo da pandeireta no Ano Castelao

O martes 27 de maio recibimos a María da Pontragha na nosa biblioteca. María contounos historias cotiás de mulleres, que inspiran e provocan tenrura, e algunha lenda dun tempo pasado da nosa terra dun xeito tan divertido que nos fixo rir ás gargalladas. A través destas historias, María amosa a forza, a valentía, a insubmisión, a solidariedade, o apoio… que estas mulleres teceron nunha sociedade tan cativa que as limitaba. E aínda tivo folgos para cantar algunha pequena canción e regueifa que fixo, se cabe, máis amena a narración. Pasámolo xenial, moitas grazas!
Recibimos a Ana Meilán, autora de moitos contos que temos na biblioteca, que veu contar aos nenos e nenas a historia de Simón, un neno con fama de chorón que decide gardar as súas bágoas debaixo da cama.


O pasado martes a rapazada pasou unha hora moi entretida con Montserrat Rivera, que lle contou de forma mui amena de divertida que pezas tiña a roupa dos nosos devanceiros.

Como recordo puideron sacar unha foto para ver que ben lle queda o noso traxe tradiccional.

Fran Rei presentou o seu espectáculo de “O conto de Barriga Verde”, no que mezcla narración oral, humor e maxia, unha historia que demostra a fortaleza do amor verdadeiro.
Polo Correo do Vento achegou á Biblioteca do Grove o seu espectáculo “Cantareiras, a poesía popular nas Letras Galegas“.
Contaron as biografías das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, fixeron un gran mural relacionado e cantaron as pezas das propias homenaxeadas.

Para rematar cada asistente debuxou unha caricatura dunha pandereteira.



Contacontos e
cancións que dormen escondidos na memoria das avoas.
O venres tivemos a Dani Blanco coa súa proposta “Murmuraban as miñas veciñas” para público adulto.
Pasamos unha hora moi entretida coas súas historias, o seu humor e bo facer. Historias compartidas e o público respondía ou asentía ó que alí se contaba.
Seguimos a comprobar que ós nosos maiores gústanlle tanto os contos como ós máis cativos.

O mércores pasado tivemos a Polo Correo do Vento coa súa proposta para as Letras Galegas.


Este pasado venres 16 de maio puidemos desfrutar da compañía de Paula do grupo de teatro Trémola, a cal nos contou a marabillosa historia da galiña Xosefina.
Xosefina vive nunha granxa xunto cunha gran morea de animais aos que os nenos puideron poñer nome propio. Un día Xosefina descobre que o gandeiro está a facer tortilla cos seus ovos polo que solicita a axuda do resto dos animais e dos nosos cativos para iniciar unha folga. Todos se poñen de acordo e gritan consignas a favor dos dereitos dos animais. Finalmente, a folga remata cun gran baile no que todos participan.


Os cativos permaneceron inmersos na actividade en todo momento e aprenderon a colaborar e a manifestarse a favor dunha boa causa.


Séguenos