“XAROPE TULÚ” NA BPM DE ORDES
O venres 29 de abril tivemos na Biblioteca Municipal de Ordes o grupo “Xarope Tulú” coa actividade “A falta de pan, bos son contos”. Estivo xenial. Grazas a vós, unha vez máis, a biblioteca énchese de vida!!!!!


O venres 29 de abril tivemos na Biblioteca Municipal de Ordes o grupo “Xarope Tulú” coa actividade “A falta de pan, bos son contos”. Estivo xenial. Grazas a vós, unha vez máis, a biblioteca énchese de vida!!!!!



O domingo 1 de maio, Eduvia deleitounos con tres contos marabillosos, nos que se traballaron valores como a convivencia, o respeto polo medio ambiente, o amor polos animais, etc.
Nesta actividade, os nenos/as e adultos puideron interactuar, cantar, bailar e coñecer a historia dunha nena africana que quería saber como era o mar.
O xoves, 28 de abril, recibimos na Biblioteca Municipal de Lugo aos nosos usuarios máis pequenos que acudiron a participar no contacontos de Sherezade Bardaji “Palabras confeitadas”.

Xunto á narración, sons, cores e formas, conseguiron captar o interese de nenos e nenas e mesmo dos seus pais e nais.

Para celebrar o Día do Libro, Martín Camiña rodeou a nosa biblioteca de maxia e humor. A través de trucos de maxia con cordas, cartas e outros elementos clásicos vertebrouse un espectáculo onde sempre estivo presente o libro como gran protagonista

O 23 de marzo recibimos a visita de Charo Pita cos seus “Contos de ida e volta” pera bebés de 0 a 3 anos. Tanto os pequenos como os seus pais pasaron un intre moi divertido e quedaron encantados.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Atenea García de Xarope Tulú achegou ata a Axencia de Lectura Municipal de Areas para celebrar o Día do Libro. Apostou por difundir as historias e contos que nos transmitiron os nosos avós, os quen na época da fame, agudizaron o seu inxenuo e imaxinación, porque, como se di “A falta de pan, bos son os contos”.
“…Hainos delicadiños para comer. Hainos que comen os bens dun cura. Pero como ben din os que saben; o comer e o rañar todo o malo é empezar. Abride ben as bocas que aló vai a primeira bocada…”
Unha actividade moi divertida na que os asistentes escoitaron atentamente os contos que lles contou, axudaban nas cancións propostas cantando animadamente e interectuaban abertamente coa contacontos.
En definitiva unha fermosa actividade para celebrar o mes dos libros.

Días 8, 15 e 22 de abril de 2016 ás 18:00, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o mes dos libros, co Día do Libro Infantil e o Día do Libro, contamos cun obradoiro para axudar ós participantes a través do xogo coas palabras e a viaxe imaxinaria ao mundo dos contos a usar “Palabras creativas”.
Como o fixemos? Pois con xogos de palabras (o aforcado, pictionario, mímica, …) e exercicios de creación e improvisación (usando obrigatoriamente algunha das palabras que sairon nos xogos previos). Cada participante elaborou a súa historia na que aparecía un animal fantástico ou real, de xeito que poida presentala ó noso Certame das Letras Galegas. Con todas estas actividades ían acumulándose puntos no noso marcador colectivo, de xeito que se ó rematar o último día chegabamos ós 100 puntos seriamos declarados escritores creativos e divertidos.

Durante a última sesión, véspera do Día do Libro, fixemos a presentación oficial da Casa dos libros (que xa se podía ver xa na Sala Infantil da biblioteca), dándolle un último “toque” e enchéndoa de libros, antes de dala por rematada e ser usada como punto de intercambio de libros. Desde logo, uso démoslle pois foi a nosa pizarra dos xogos do último día.

Lamentablemente, nesta última sesión foron poucos os participantes por mor dun andazo que visitou esa semana o noso concello Pero as poucas que estiveron, recibiron o seu diploma de Escritoras creativas e divertidas moi contentas.
O obradoiro, a cargo de Arelar Xestión Socioeducativa (para participantes entre 6 e 12 anos) serviu, ademais de para mellorar o noso uso e coñecemento das palabras, para animar a participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2016.
Na biblioteca Municipal do Grove celebramos o “Día Internacional do Libro” na compañía de Trinketrinke Teatro.

Un nutrido grupo de rapaces e rapazas asistiron ao contacontos acompañados dos seus familiares, que tampouco quixeron perderse o espectáculo. “Riciños de Ouro e os Tres Osos” é un conto que nunca pasa de moda, imprescindible para a animación á lectura dos pre-lectores e primeiros lectores.

Unha divertida mañá de sábado na que grandes e pequenos o pasaron en grande escoitando contos, cantando, bailando e xogando co rato Fuco.


@s nenos e nenas do CEIP Xosé Luis Taboada de Carballedo deixaron voar a súa imaxinación por medio dos contos que Pavís Pavós lles relataron na Biblioteca.
O 23 de abril, “Día internacional do Libro”, a biblioteca realizou unha sesión de contacontos dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos que leva por título “Contos de ida e volta”. O espectáculo correu a cargo de Charo Pita que ademáis de narrar historias e contos, cantou e fixo malabares, deixando embelesado ao público asistente. A actividade rematou coa construcción dunha árbore, utilizando exemplares de libros.


Séguenos