ÉRASE UNHA VEZ UNS ZAPATOS…

Actividade levada a cabo na Biblioteca Pública Municipal María Baña para celebrar o Dia do Libro Infantil e Xuvenil


Actividade levada a cabo na Biblioteca Pública Municipal María Baña para celebrar o Dia do Libro Infantil e Xuvenil

A Asociación Cultural Cucarandainas coa súa contadora Sole Felloza deixou ós nenos de Xermade abraiados cos seus contos. Sole acadou unha gran interacción cos nenos e nenas e foilles ensinando os libros troquelados e rechamantes que ía quitando da súa maleta vermella.

O xoves día 31 de Marzo, a compañía Os Contos de Pablísimo representou na B.P.M. do Pereiro de Aguiar o espectáculo Mans, dentro do Programa Ler Conta Moito.
Os nenos e as nenas mergulláronse no mundo animal a través das sombras, contos e cancións. As mans inquietas dos máis pequenos tamén formaron parte da posta en escena, que rematou con risas e aplausos.
Un león, un rato, un sapoconcho, un elefante, unha mosca… Centos de animais poboaron as historias, os poemas, as adiviñas e as cancións. Animais, feras,bestas, bechocos e demais bechos, grandes e pequenos, perigosos ou inofensivos, astutos ou inxenuos, foron os protagonistas desta sesión de contos e poemas cos que conmemoramos o Día do Libro Infantil

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Corcubión, situada na Casa da Cultura, acolleu a actividade de animación á lectura : “Contando en feminino”, da Asociación Lisístrata. Coa contadora Ana Hermida.
Celebrando así con pequenos e maiores, o “Dia da Muller”, dentro dos actos organizados por este Concello e coa colaboración da Xunta de Galicia co programa “Ler Conta Moito” para as bibliotecas municipais.
A actividade realizouse o dia 19 de Marzo. E durou aproximadamente 1 hora. O público asistente disfrutou moito cos contos relacionados coa Muller e Igualdade; e ademáis participou activamente desta actividade.
De 12:00 a 13:15 aprox.
Aquí podedes ver algunhas fotos deste dia….

Este martes día 29 de marzo, para celebrar o Día do Teatro, tivemos o pracer de contar con Trinketrinke Teatro e o seu espectáculo “Riciños de ouro e os tres osos”, un conto clásico que nunca pasa de moda.
Cheo absoluto nunha actividade con historias, música e xogos!




O xoves día 17 de Marzo, ás 11:00 horas na Sala de Lectura de Bibliopazos, conmemoramos o Día da Narración Oral (20 de Marzo), o Día da Poesía (21 de Marzo), e o Día Internacional do Teatro (27 de Marzo) co espectáculo de narración oral e dinamización con música, teatro e danza “CANTACONTOS” da actriz, presentadora de televisión e contacontos Raquel Galavís que nos fixo pasar un rato moi especial.
Estiveron acompañándonos a nosa amiga Patri Pa e os rapaces de 5º de Primaria do CPI Curros Enríquez de Pazos cos seus profesores Manuel e Uxía.
Esta actividade incluída no programa LER CONTA MOITO 2016 de BiblioPazos.
Aquí van unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos.
Nestas vacacións de Semana Santa, as bibliotecas e axencias de lectura do Concello de Cambados non paran a súa actividade e grazas a Ler Conta Moito puidemos gozar do bo facer de Atenea e Xarope Tulú.
Na celebración do Día da Tradición oral, apostamos por difundir as historias e contos que nos transmitiron os nosos avos, quenes na época da fame, agudizaron o seu inxenio e imaxinación, porque, como se di “A falta de pan, bos son os contos”:
“…Hainos delicadiños para comer. Hainos que comen os bens dun cura. Pero como ben din os que saben; o comer e o rañar todo o malo é empezar. Abride ben as bocas que aló vai a primeira bocada…”





Con sensibilidade e grandes doses de humor Fátima falounos de Castelao e da vida … e de historias e contos de agora e de antes. O 26 de outubro fíxonos disfrutar nesta nova sesión do seu repertorio

O día 21 de outubro actuaron na nosa Biblioteca os persoaxes de Choupiña e Tranón de Forma Teatro. Con poesía, canción e contos deleitaron a un público de grandes e pequenos.


Séguenos