Somos iguais na maxia
O día 4 de setembro, tivemos na nosa Biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo un espectáculo de maxia a cargo de Ian & Elisa. O tema de fondo foi a igualdade e a loita contra a violencia.

O día 4 de setembro, tivemos na nosa Biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo un espectáculo de maxia a cargo de Ian & Elisa. O tema de fondo foi a igualdade e a loita contra a violencia.

O día 3 de setembro, tivemos na nosa biblioteca Miguel González Garcés un contacontos a cargo de Olga Abad. A personaxe deste conto a osa Maruxiña nos demostra cómo podemos ser libres e iguais, pese ás diferenzas.

A Biblioteca de Parada de Sil acolleu este venres, 30 de agosto, a iniciativa “Cociñando a igualdade” en dúas sesións: de mañán ás 12:00 Am e de tarde ás 17:30 PM. Estas actividades enmárcanse dentro do programa Ler conta moito.
As dúas actividades, na que participou un público moi variado tanto cativos/as como pais/nais e avos/avoas, tivo como obxectivo analizar e reflexionar a través da cociña sobre os roles do home e a muller, e a importancia da incorporación da muller aos ámbitos científicos e tecnolóxicos.
A equipa de Ceo Aberto nos ensinou a maxia química que pode converter o yogurt nunha bomba que estala ao metela no boca…con diferentes líquidos conseguimos texturas totalmente diferentes…xogando coa maxia de converter o sólido en líquido…o líquido en gaseoso…
Grazas Ceo Aberto polo ben co pasamos grandes e pequenos!!!
Grazas a tódolos que nos visitástedes e participastes nas duas actividades na nosa biblioteca!!!!
Onte martes, tivemos a sorte de ter a Raquel Queizás na Biblioteca e desfrutar da súa proposta de igualdade, enmarcada dentro do programa de promover a igualdade e loitar contra a violencia de xénero.

Foron máis de sesenta cativos e cativas os que se achegaron á Biblioteca de Portonovo para participar nesta actividade. Porque ademáis de desfrutar e axudar, actuaron e riron con ganas, protestaron e cantaron… todo para comprobar que os homes e as mulleres somos iguais.
Da man de Queliña viaxamos para correr aventuras e contar historias, e demostrar que somos iguais de valentes e sensibles.

Unha proposta moi boa de Raquel que fixo as delicias dos cativos, pero tamén dos maiores que se achegaron, ou dos que por alí pasaban.
Ó remate da sesión os rapaces do PaiFill@Nai quixeron darlle as grazas cunha aperta grupal.

Agradecer a Raquel Queizás a súa visita á Biblioteca de Portonovo. Foi un pracer!
O pasado venres, visitounos Sarabela Teatro e a ratiña Sofía e viaxamos ata a muralla china na
Axencia de Lectura de Oubiña (Cambados).
“Isto non é unha caixa” é un espectáculo máis que recomendable para fomentar a creatividade e a fantasía nos máis pequenos. Pasámolo de maravilla na nosa viaxe!


O venres 23 de agosto ás 18:00 hrs, Pedro Bugarín engaiolou a grandes e a cativos con sorprendentes números de ilusionismo, combinados con grandes doses de humor e música. Todo o público participou nos diferentes números máxicos nos que as caras de ilusión, sorpresa, sorrisos e gargalladas foron a tónica da boa tarde que pasamos.
Maxia de cartas, maxia de froitas e cores, de cordas e nós, maxia con libros e ata un perigosísimo truco cunha guillotina. Todo, coa simpatía que caracteriza a Pedro, que fixo partícipes aos nenos, adolescentes e adultos e se gañou ao público cunha actividade entretida, divertida e amena que nos deixou a todos abraiados.
Dende aquí queremos agradecer a Pedro a súa maxia e a ilusión que nos provocou. Así como tamén queremos darlle as grazas por lembrarlle a todos os presentes que ser socios dunha biblioteca é gratuito e permíte gozar infinitamente alén de contos e lendas. Parabéns Pedro!
Grazas tamén a todos os que vos achegástedes até a Biblioteca de Parada de Sil e compartíchedes a tarde connosco.

O pasado mércores, Mere Clown visitou a Axencia de Lectura Municipal de Carnota cun clarísimo obxectivo: desvelarnos a verdadeira historia de Hamelín. E fíxoo cun espectáculo repleto de humor, clown, malabares e infinidade de xogos, en constante interacción co público asistente.
O humor, a improvisación e a participación do público son as claves desta adaptación circense do conto clásico.
En Carnota xa todos sabemos do que realmente aconteceu en Hamelín… E animámosvos a descubrilo!


O pasado mércores recibimos na ALM de Carnota a Fran Campos, de Bandullo Azul, acompañado dunha convidada especial: a súa amiga Filipa! De regreso dunha longa viaxe en globo polo mundo, Filipa compartiu connosco un feixe de historias que traía na súa maleta, e Fran completou a contada coa terrorífica historia da Figueira de Pelostortos e con divertidos contos acumulativos acompañados de música en directo. Pasámolo en grande!


Obradoiro de ilustración para nenos de 4 – 12 anos.
Os nenos aprenderon a técnica de estampación.
Este pasado luns día 12 de agosto, visitounos na Biblioteca de Riotorto “Carballo con Botas” co seu espectáculo “A pequena fábrica de corazóns de papel reciclado“.
Neste obradoiro- contacontos os máis pequenos comezaron a actividade reciclando papeis de xornal onde aparecían malas novas sobre a violencia de xénero para transformalas en corazóns de papel reciclado.
Acompañou este obradoiro cunha serie de contos solidarios interpretados con monicreques de artesania tecidos por cooperativas de mulleres dentro do comercio xusto con monicreques tecidos en Bangladesh, a India,Guatemala…defendendo o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.
Carballo con Botas en Riotorto

Carballo con botas na Biblioteca de Riotorto


Séguenos