A historia de Brancaflor na Biblioteca Central de Cangas
Celebramos o Día da Biblioteca cunha estupenda Historia de Brancaflor a cargo de Culturactiva que encantou ao público.

Celebramos o Día da Biblioteca cunha estupenda Historia de Brancaflor a cargo de Culturactiva que encantou ao público.

O luns 29, co gallo do día da Biblioteca, tivemos en Santiso a actuación do mago Pedro Bugarín.
Foi unha actuación con maxia e obradoiros que lles encantou aos participantes.


O mago Richard abraiou a pequenos e maiores cun espectáculo no que os libros foron protagonistas dos seus trucos.

Na biblioteca de Camariñas tamén o pasamos de medo cos contos de Carmen Domech. Cinco relatos narrados con diferentes técnicas cunha estética impecable, atractiva e orixinal. Creouse unha atmosfera de humor, terror e amor na que os nenos se sumerxiron incondicionalmente. Foi un espectáculo sorprendente.

Carmiña e Xustino, uns bibliotecarios un tanto peculiares, decidiron secuestrar a un par de crianzas para encher a súa biblioteca, coma nos vellos tempos, e fóiselles “un pouco” das mans. Meteron a unha manchea de rapaces e rapazas en diferentes libros e agora non os atopan!



O venres 26 de outubro, na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo pechamos as celebracións do Día da Biblioteca coa actividade de Luis Vallecillo e Celtia Millán.
Música, contos, cancións e canta-contos, intercalados con historias das bibliotecas. Facendo mención especial á primeira biblioteca, a de Alexandría. A modo de conto sitúannos na época de Alexandro Magno, das táboas e dos pergameos, así ata chegar á actualidade e falar da nosa biblioteca, que leva 20 anos compartindo historias cos lectores e lectoras dende aquel 20 de febreiro de 1998, data na que o goberno municipal daqueles anos a inauguraba, en presenza do recentemente desaparecido Xabier P. Docampo, de quen leva o nome.
Apagamos as velas en cantamos “parabéns para ti”…
E rematamos con torta de cumpreanos para compartir entre o público asistente.
Pasamos unha tarde divertida na que Luis Vallecillo lembraba constantemente que a esta actividade viñamos sobre todo a pasalo ben. E así foi.
Actividade moi axeitada para poñer en valor as bibliotecas, nesta semana dedicada a elas.
O venres 26 de outubro recibimos na Biblioteca dos Tilos a visita de Chío Couto con “Contos vivos que fan poesía”! Contando en familia con Antonio García Teijeiro Un proxecto de dinamización Lingüística onde recrean unha historia do autor homenaxeado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra “Poemar ao Mar”.Vivimos en primeira persoa as aventuras de personaxes de contos e poemas aos que o autor lle da vida xogando a ser poetas.


O venres, 26 de outubro, desenvolveuse está actividade que deixou abraiados ós participantes. En grupos tiveron que buscar pola habitación unha serie de pistas e enigmas que debían ir resolvendo co obxectivo de poder rescatar a Alicia, que se atopaba dentro dunha gaiola fechada cunha serie de cadeados. Os grupos tiñan que acadar os códigos para poder abrilos. Cada grupo tiña que ocuparse dun cadeado e entre todos tiñan que cooperar para poder abrir a gaiola. Moi entretida. Aprenderon moitas cousas sobre o mundo máxico de Alicia e Lewis Carroll dun xeito divertido.


Este pasado luns a Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada converteuse en un restaurante onde nada é o que parece: os pratos son libros, as culleres lápices, etc…Un orixinal e divertida proposta de animación á lectura.


Bibliodiscoteca
Como motivo da celebración do día da Biblioteca(24 de Outubro), quixemos celebralo cunha festa o día 25.
Visitounos María Faltri no centro Cívico de Vite de Santiago de Compostela coa súa Bibliodiscoteca, cunha selección dos mellores temas en galego. Organizamos unha gran festa no salón de actos, onde cantamos, bailamos, nos disfrazamos con perrucas, sombreiros, pompóns,….e sobre todo con moitas ganas de pasalo ben.


Séguenos