“O curral de Cocoricoricó” con Charo Pita na Biblioteca de Portonovo
O mércores 4 de outubro, Charo Pita visitou a Biblioteca de Portonovo co seu espectáculo para bebés.

Os bebés que, xunto cos seus pais, se acercaron á sesión, disfrutaron dun rato divertido e moi tenro. Charo Pita engaiolounos coas súas cancións, rimas e contos, e foi moi bonito ver os papás, sempre máis serios, sonrir e disfrutar cos seus cativos no colo.
Cando rematou a sesión, os pais estaban moi agradecidos por participar e sorprendidos de que algo así acontecese na biblioteca. De feito, para moitos era a súa primeira visita á biblioteca e descubriron tamén os servicios que temos para ofrecerlles.

Dende aquí o noso máis agarimoso agradecemento a Charo Pita!!!




Onte, martes 3 de outubro, Pavís Pavós visitounos de novo na Biblioteca Manuel María de Oleiros cun feixe de contos cheos de tradición oral, musicalidade e valores universais que van deixando pegada en cada un de nós.















Séguenos