“CONTOS NADOS NO MAR” en Carballedo

Marina, a serea da Illa de Sálvora contounos cómo era a súa vida a través dunha historia chea de sorpresas e intrigas das xentes do mar, na Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada da Barrela.

Marina, a serea da Illa de Sálvora contounos cómo era a súa vida a través dunha historia chea de sorpresas e intrigas das xentes do mar, na Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada da Barrela.
No día de onte, 18 de abril ás 18 horas, celebramos o día do Libro con Raquel Queizás estivo na ALM de Areas (Ponteareas) con “Mariña. Contos nados no mar” contándonos contos e lendas do mar de maneira moi amena na que os nenos pasárono en grande dende o primeiro minuto.
Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar. Agora comparte con nós todas as súas historias con nós e traenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.
O resultado foi excepcional, dende os máis cativos ata os maiores participaron en todo momento, pasamos unha tarde moi divertida e emocionante cos contos de Raquel Queizás.


Cris de Caldas chegou o sábado moi ben acompañada ata a Axencia de lectura de San Vicente
A través de A galiña azul, realizou unha explicación amena do seu autor, Carlos Casares, e do que significan as Letras galegas. A galiña azul viña con moitas sorpresas para darnos a coñecer outras obras de Casares e algúns contos de tradición.

Despois da sesión de contos, desenvolveuse un obradoiro no cal participaron grandes e pequenos. Para que a obra de Casares perdure no tempo, máis aló do seu día.

O pasado venres día 7 de abril, apareceron pola Biblioteca Municipal de Ares, o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa….
Fonron moi divertidos , estiveron contando unha historia sobre o chocolate e o xeito de facelo máis saboroso.
Cando remataron o contacontos entre todos fixemos un obradoiro de chocolate e froitas que comimos de merenda.

Día 7 de abril de 2017 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o Día do Libro Infantil (2 de abril) e en vista dos 2 certames de debuxo que temos convocados (Debuxo infantil Letras Galegas 2017, e Certame Mulleres de Lemos en modalidade de Banda Deseñada sobre Balbina López Somoza) deixamos o móbil e puxémonos a debuxar con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Hermanager
o 7 de abril, ás 17:00 na sala infantil

Empezamos cunha práctica con personaxes que xa coñeciamos, para que nos fora un pouco máis fácil perder o medo a comezar a debuxar.

Calculamos as perspectivas e vemos que aínda que non saia “calcado” tamén queda ben. Ningún debuxo é coma outro e podemos facer moitos trazos a lápis para ver cal nos gusta máis e ese será o que repasemos a bolígrafo ou rotulador.

Vemos os diferentes tipos de viñetas, planos e os “bocadillos” que serven para falar, pensar, susurrar, mostrar medo, etc. Un montón de recursos que nos serven para expresar cousas sen necesidade de escribir.
O pasado venres A illa dos nenos, despediuse de Cambados tras estar con nós durante unha semana visitando as axencias de lectura para conmememorar a celebración do Día Internacional do Libro Infantil… e esta vez foi o turno de Vilariño.
Os asistentes divertíronse como nunca cos seus contos e sobre todo cos enxeñosos trucos de maxia… velaí van algunhas mostras…

O xoves día 6 de abril celebramos en Fene o Día do Libro Infantil e Xuvenil coa visita de Elefante Elegante e o seu espectáculo “O xigante”. Era a primeira vez que viñan e había moita expectación! De feito encheouse a biblioteca (máis de 100 asistentes) a pesar de facer un día estupendo fora.

A compañía Elefante Elegante presentou “O Xigante”, unha obra inspirada nun conto de Oscar Wilde que narra unha historia na que conviven o cómico e o poético, a forza da palabra e a elocuencia do xesto, a plasticidade da manipulación dos obxectos e a evolución do dispositivo estenográfico.

Foron 45 minutos de risas e sorpresas e temos claro que repetiremos pronto porque encantounos a tod@s!!

No obradoiro de dobraxe, as nenas e nenos asistentes descubriron os trucos e misterios da dobraxe das películas que ven no cine habitualmente. Ó fin foron os protagonistas poñéndolles a voz ás súas personaxes favoritas. Saíron encantados da actividade 🙂
Trécola Teatro chogou onte á Biblioteca Municipal de Lugo para representar Madame Bechamel e Signorina Bolognesa. Dúas cociñeiras, moi divertidas que nos explicaron como se cociña un prato moi especial: un bico.

E fixérono con tanto cariño que seguro que está moi, moi, bo.

Onte 5 de abril -mércores- celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) cos alumnos de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da Escola Infantil “A Galeriña” de Nespereira.
Andrea Vázquez de Os Piñeiriños estivo co seu espectáculo de narración oral “MERGULLÁMONOS?…” contándonos un feixe de historias que fixeron que nos mergulláramos no noso planeta percorrendo o mesmo a través dos contos e das cancións de varios lugares do mundo e da nosa Galicia natal.
Tivemos xureliños, serpes, búhos e tamén a Galiña azul nunha pequena homenaxe ao autor Carlos Casares ao que se lle adica este ano 2017 o Día das Letras Galegas.
Pasámolo estupendamente con Andrea. Mirade nestas fotos como estabamos de contentos e animados…


Séguenos