Celebramos o Dia das Letras Galegas cunha exposición sobre Carlos Casares e unha mostra bibliográfica cos seus libros. Tamén tivemos un contacontos obradoiro da man de Polo correo do vento titulado “Os xoguetes de Clio” baseado na vida e obra de Carlos Casares. Os nenos asistiron a un contacontos no que un ilustrador ía debuxando o que o narrador ía contando e logo fixeron un obradoiro de debuxo, coas directrices do ilustrador. Estas son algunhas das fotos





O pasado venres a ALM de Vilariño tivo a visita dos monitores de Eduvia Educación que propuxeron aos nenos e nenas o Gran Xogo das Letras Galegas… pasaron unha divertida tarde na que demostraron estar ben ao tanto dos e das grandes da nosa literatura, e como non, do homenaxeado este ano, Carlos Casares.

Grazas á coloboración co programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, o sábado 20 de maio tivemos un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales. María Faltri e Jorge Juncal (“Papi e Mami”) presentáronnos “A nosa música con Jorge e María”. Xunto ás familias participantes, con nenos ata os 3 anos, gozamos da música ó vivo, da poesía, da manipulación de obxectos e decubrimos o seu novo libro-disco:”Fantasía coas palabras” .
Coma sempre un pracer.

María Faltri e Jorge Juncal na Biblioteca Municipal Os Rosales
O pasado venres 19 de maio, a compañía Elegante Elefante puxo en escea o seu espectáculo “Lobo Bobo” na Biblioteca de Portonovo, que se quedou pequena para todos os que quixeron participar desta actividade.

O público disfrutou dunha sesión moi amena e divertida que se desenrrolou de forma áxil e con complicidade dos asistentes. Como veredes había xente de todalas idades que o pasaron xenial pois así o dixeron ó rematar o espectáculo, tanto cativos como mamás.

Moitas grazas Gonçalo!
Dentro das actividades da Semana das Letras, visitounos Larraitz para facer un repaso a algúns dos contos de Carlos Casares. Así, pola Biblioteca do Grilo pasaron Toribio, a Galiña Azul e unha chea de persoaxes saidos da mente do homenaxeado este ano na Letras. Pero tamén houbo baile, participación e sorpresas, como unhas laranxas moi especiais…

O pasado venres Fran e Filipa, da compañía Bandullo azul, fixéronnos unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares amenizados con música e cancións en directo.
A sesión foi moi participativa e amena e os nenos estiveron encantados.

O venres, 19 de maio, ás 12.15 h, o alumnado de infantil e primaria do CPI San Vicente gozou da actuación de Álvaro Muras e Martín Camiñas, un espectáculo de música e maxia a través da vida e obra de Carlos Casares, encadrado dentro da Semana bañense das Letras 2017. O auditorio estaba a rebentar de aplausos, gargalladas, ilusións, letras, sons, emocións…

O xoves 18 de maio 60 nenas e nenos de 2 a 6 anos e os seus adultos acompañantes disfrutaron na Biblioteca Municipal Os Templarios de Cambre coa música e as cancións de Mamá Cabra.



Música, teatro e danza están presentes nesta actividade.
Gloria Mosquera acompañada de Iago Rodríguez, ás teclas e percusións, fixeron un percorrido pola súa producción musical, ben coñecida e coreada polo público miúdo.
Unha fermosa tarde de música e baile para compartir.
Mamá Cabra, sempre magnífica!



Para pechar a semana das “Letras Galegas” contamos na biblioteca coa actividade “LETRAS E NOTAS” con MAGÍN BLANCO. A biblioteca de A Rúa ateigouse de nenos de infantil e primeiros cursos de primaria dos colexios do Concello: Pablo VI-Fátima e Manuel Respino. Arredor dun cento de nenos e 10 profesores participaron no espectáculo musical no que Magín Blanco ía creando un universo con abecedarios, números, adeviñas e contos. Os nenos cantaron e bailaron. ¡Pasaron un rato moi divertido!.


Séguenos