ÉRASE UNHA VEZ UNS ZAPATOS…

Actividade levada a cabo na Biblioteca Pública Municipal María Baña para celebrar o Dia do Libro Infantil e Xuvenil


Actividade levada a cabo na Biblioteca Pública Municipal María Baña para celebrar o Dia do Libro Infantil e Xuvenil


O xoves día 31 de Marzo, a compañía Os Contos de Pablísimo representou na B.P.M. do Pereiro de Aguiar o espectáculo Mans, dentro do Programa Ler Conta Moito.
Os nenos e as nenas mergulláronse no mundo animal a través das sombras, contos e cancións. As mans inquietas dos máis pequenos tamén formaron parte da posta en escena, que rematou con risas e aplausos.


Un león, un rato, un sapoconcho, un elefante, unha mosca… Centos de animais poboaron as historias, os poemas, as adiviñas e as cancións. Animais, feras,bestas, bechocos e demais bechos, grandes e pequenos, perigosos ou inofensivos, astutos ou inxenuos, foron os protagonistas desta sesión de contos e poemas cos que conmemoramos o Día do Libro Infantil

Este martes día 29 de marzo, para celebrar o Día do Teatro, tivemos o pracer de contar con Trinketrinke Teatro e o seu espectáculo “Riciños de ouro e os tres osos”, un conto clásico que nunca pasa de moda.
Cheo absoluto nunha actividade con historias, música e xogos!




Para celebralo Día da Auga, recibimos na ALM de Os Tilos (Teo) o espectáculo da compañía BocAberta, Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica
No día do seu aniversario, Carmiña Miudiña inicia unha fantástica viaxe. Carmiña é unha pinga de auga pequerrechiña, moi miudiña, de cor azul pero cun sorriso moi grande. Vive nunha nube gris alá no alto do ceo, nunha casiña en forma de botella de auga con toda a súa familia. Ela de maior quere ser científica, como a súa avoa Filiberta. E é por iso polo que, no día do seu aniversario, a súa avoa lle agasalla un paracaídas para poder baixar ao mundo dos humanos e poder facer fantásticos experimentos. No camiño, diferentes elementos da naturaleza fan que a nosa Carmiña Miudiña percorra o ciclo da auga. Como apoio do espectáculo, fixemos un centro de interese con obras relativas ó ciclo da auga. Tivo moi boa aceptación entre o público e a artista soubo adaptarse moi ben á idade dos nenos e das nenas que asistiron

O xoves día 17 de Marzo, ás 11:00 horas na Sala de Lectura de Bibliopazos, conmemoramos o Día da Narración Oral (20 de Marzo), o Día da Poesía (21 de Marzo), e o Día Internacional do Teatro (27 de Marzo) co espectáculo de narración oral e dinamización con música, teatro e danza “CANTACONTOS” da actriz, presentadora de televisión e contacontos Raquel Galavís que nos fixo pasar un rato moi especial.
Estiveron acompañándonos a nosa amiga Patri Pa e os rapaces de 5º de Primaria do CPI Curros Enríquez de Pazos cos seus profesores Manuel e Uxía.
Esta actividade incluída no programa LER CONTA MOITO 2016 de BiblioPazos.
Aquí van unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos.
Nestas vacacións de Semana Santa, as bibliotecas e axencias de lectura do Concello de Cambados non paran a súa actividade e grazas a Ler Conta Moito puidemos gozar do bo facer de Atenea e Xarope Tulú.
Na celebración do Día da Tradición oral, apostamos por difundir as historias e contos que nos transmitiron os nosos avos, quenes na época da fame, agudizaron o seu inxenio e imaxinación, porque, como se di “A falta de pan, bos son os contos”:
“…Hainos delicadiños para comer. Hainos que comen os bens dun cura. Pero como ben din os que saben; o comer e o rañar todo o malo é empezar. Abride ben as bocas que aló vai a primeira bocada…”





O día 21 de outubro actuaron na nosa Biblioteca os persoaxes de Choupiña e Tranón de Forma Teatro. Con poesía, canción e contos deleitaron a un público de grandes e pequenos.

Outra vez Magín Blacon volveu a encher a biblioteca de rapaces e rapazas coas súas historias cheas de música e humor.

Más información sobre este evento clicando aquí.


Séguenos