A ciencia é divertida
Este mércores desfrutamos na Biblioteca Pública Municipal de Poio dun obradoiro fantástico con contacontos e experimentos de ciencia.
Este mércores desfrutamos na Biblioteca Pública Municipal de Poio dun obradoiro fantástico con contacontos e experimentos de ciencia.
Na ALM de Os Tilos recibimos a Eduvía que invitou por medio dun divertido xogo por equipos, os e as participantes a descubrir a orixe e significado do Día das Letras Galegas, achegándose á obra dos autores e autoras homenaxeados nese día, e en especial ao autor homenaxeado en 2015, Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Os contos de Pavís pavós transmiten os valores necesarios para crecer sen dogmatismos nin prexuizos. Contos sobre o racismo, e a homofobia, o machismo e as desigualdades.


Manuel Solla, de Expresión Produccións, ofreceunos todo un espectáculo, non só contando contos se non tamén de maxia. Primeiro fixo unha pequena introdución moi amena, dirixida sobre todo aos pais, de porque é tan importante contarlle contos aos nenos e nenas, e de como hai que tratar os libros.

Moitos libros despregables e moita participación por parte dos nenos e nenas, que estaban encantados de colaborar con Manuel. Houbo moitas risas nun espectáculo moi entretido e divertido.

Para saber más sobre este evento, premer aquí.

O sábado 20 recibimos a Magín Blanco na BPM de O Grilo. Alí levounos as historias de viaxes de “A Nena e o grilo”, da locomotora María Fumaça, ou de “Rosalía pequeniña”. Pero tamén tivemos algunha sorpresa e visita dalgún dos protagonistas das cancións e o público puido pedir algún tema que quería que cantasemos e bailasemos. Toda unha festa entre libros

Recibimos na nosa biblioteca a Montse Rivera que traia unha proposta: que coñeceramos a roupa que empregaban os nosos devanceiros, que a probasemos e incluso que nos levasemos unha fot de recordo

O pasado venres 19 de xuño celebramos na biblioteca unha nova sesión de Os contos do Chupete, dentro do ciclo Entre Arrolos e Contiños.
Bea Campos e Davide González ofrecéronnos unha sesión como sempre estupenda na que gozamos cos Versos vegetales de Antonio Rubio, o baño do oso Chispa, as andanzas do gran Polo Pepe ou a Ratiña Fachendosa… e tamén coas fantásticas cancións e melodías coas que amenizamos esta fantástica tarde de contos!
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Xosé Luis Taboada disfrutou dunha sesión moi divertida na que dou renda solta a súa imaxinación creando o Fotoconto titulado “As aventuras do Mago Merlín”, que gracias ós seus poderes máxicos se fixo amigo destes rapaces e disfrutaron de multitude de aventuras por terra, mar e aire.
O pasado venres desfrutamos con Fátima Fernández e cos seus contos. Foi unha narración moi boa e onde desfrutamos todos, pais e nenos, e que ademais contaxioulles as ganas de ler. Foi unha boa proposta de animación á lectura.
Co título “É o cosmos”, na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano da Coruña organizamos para os meses de maio, xuño e xullo unha selección dos mellores materiais relacionados coa Astronomía, incluíndo as mellores novelas e películas de ciencia ficción. Ademáis realizamos unha serie de actividades complementarias para achegar a Astronomía a todos os públicos.
Entre elas, dentro do Programa Ler Conta Moito, o 18 de xuño ás 18:30 h. tivemos o obradoiro de ciencias “Quero ser Astronauta!. Impartido por David Ballesteros de Ceo Aberto. Ao obradoiro asistiron un total de 17 rapaces con idades de 9 a 13 anos.
Acehgámosnos ao mundo da astronáutica mediante experiencias físicas, dificultades e requisitos que debemos cumprir para converternos nun astronauta. Tras unha breve introdución sobre a historia da astronáutica, coñecimos os procesos de selección aos que debemos someternos para converternos nun astronauta. Moito experimento e animación á lectura para uns rapaces moi motivados.


Séguenos