Os animais de Fátima Fernández non dubidaron entrar na BPM de Camariñas

En Camariñas non puidemos comezar mellor as contadas do verán. Visitounos Fátima Fernández cos seus contos de animais e resolveu tódalas dúbidas posibles.

En Camariñas non puidemos comezar mellor as contadas do verán. Visitounos Fátima Fernández cos seus contos de animais e resolveu tódalas dúbidas posibles.
María Noel e unha presa de cativos, usuarios habituais da Biblioteca Municipal de Ordes, xuntáronse o 16 de Maio para celebrar o Día das Letras Galegas. Armados con plastilina, cartóns , libros de manualidades e moita, moitísima imaxinación, fixeron marabillas nunha tarde na que, sen dúbida, disfrutamos todos. Ao tempo, os cativos visitaron a mostra que sobre as Letras Galegas expuxemos na biblioteca. Que creatividade a dos nosos rapaces e rapazas!
Na Biblioteca Municipal de Ordes, temos moitas visitas, pero, unha das máis agradables foi a de Sole Felloza, que chegou e triunfou…. Veu o venres 31 de maio, ás nosas Tardes de Contos e Lendas, e contou, todo, todo e todo. Os cativos encantados, escoitando, falando, mirando contos e libros moi especiais…Os adultos tamén nos divertimos e aprendemos. Ninguén quería que rematase ! Ata outra Sole!!!
O pasado 24 de Maio recibimos a visita de Manuel Solla de Expresión Produccións cos seus “Contos para todos”.
Foi un espectáculo moi ameno e participativo no que ademáis de contos houbo maxia, teatro e moito humor. O público asistente quedou moi contento coa actuación.
Outra aposta segura.
Calquera actividade de Charo está chea de máxia e bo facer.
O dito, máxico.
Cada sesión de contos é unha viaxe. Partimos dunha historia aos poquiños van aparecendo lugares, persoeiros, aventuras, todos novos. Sabemos de onde saimos, pero ignoramos cal será o noso destino. Na miña maleta vai o mapa. Quen quere viaxar comigo?

Como sempre, Marisa Irimia meteuse a todos no peto.
Grandes (os papás) e pequenos gozaron de xeito abondo.

Contos recollidos akí e akolá, Contos de sabores, de olores e sons, contos chegados doutros lugares, contos da esquina do lado, contos doutros tempos e outras falas. Unha viaxe a través dos libros cara outros lugares e culturas.
A contadora Carmen Domech asistiu a biblioteca de Cariño coa actividade “Contacontos de libros contentos”. A actividade tivo lugar o día 26 de abril as 11.00h no auditorio da Casa da Cultura, na planta baixa da biblioteca. Asistiron 80 nenos de educación infantil e primaria do colexio de Cariño, acompañados polos seus profesores. Os nenos divirtéronse e participaron activamente da actividade.
Día 28 de xuño de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón

Manuel Solla, de Expresión Produccións, cos seus Contos para todos pertencente ó programa Ler conta moito. Despois de atopar a súa maleta máxica perdida, foi sacando dela un feixe de personaxes impresionantes, o que máis sorprendeu ó público foi o seu “Libro Máxico” da Princesa de labios de fresa do que ían xurdindo personaxes que non esperabamos e que cada vez nos sorprendían máis: unha malvada bruxa, unha ra, un dragón, e por fin un príncipe.
A súa perezosa mascota Pelusa axudoulle na súa actuación, que consistiu nun espectáculo de títeres, contacontos, maxia, animación, clown e música en directo.

Quedamos para volver xogar coas personaxes dos Contos vivos que nos traia Manuel en setembro.
Gustounos xogar e tocar a Pelusa, a mascota axudante de contacontos e experta buscadora de maletas.
Rematamos así as sesións de contacontos de último venres de mes ás 5 da tarde, pois ó longo do verán os contacontos terán lugar ás 12 do mediodía e a partir de setembro cambiarán de día.
Actividade moi educativa e entreteñida para os nenos,amena e moi productiva.


Séguenos