Podcast literario na Biblioteca de Betanzos por Lucía Abarrategui e ca compañía de Eli Ríos


O pasado día 19 a biblioteca de Bertamiráns encheusenos de pequenos artistas que se converteron por un ratiño en grandes ilustradores con resultados espectaculares, todo da man de Isa Herrero.

Os nenos e nenas que participaron no obradoiro de Isa Herrero o venres 18 convertéronse durante un ratiño en ilustradores e gozaron das manchas, das ilustracións, dos textos, da arte en definitiva! Deixámosvos unha mostriña!
Tarde entretida con Mirari pintando un cadro con teas e lás.
Un grupo de nenos e nenas, de entre 8 e 12 anos, achegáronse ás nosas instalacións para tomar o seu primeiro contacto (nalgúns dos casos os e as participantes eran máis experimentados) coa robótica e coas tecnoloxías, e puderon saír da actividade co seu “cachivache” eléctrico xa montado e funcionando… e cun novo horizonte de posibilidades para xogar, explorar e seguir aprendendo.
A actividade realizouse seguindo todas as recomendacións de seguridade e hixiene frente ao Covid-19, e tivo lugar dentro do programa Ler conta moito da Consellería de Cultura e Turismo para a Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ver +: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/09/aprendendo-robotica-para-un-novo-tempo.html

Os asistentes ao obradoiro, que se realizou o 18 de outubro, seguindo as indicacións de Miguel Cortés, fixeron figuriñas de animais, con e sen movemento.
Unha maneira entretida de coñecer e aprender unha tradición oriental, a papiroflexia.

Dan man de Montse Rivera poidemos disfrutar do obradoiro no día de onte ” Cóntoche un baile”. Actividade na cal dende os máis cativos ata os maiores disfrutaron do bo facer da artista.

Hoxe, 10 de setembro, pasou a tarde connosco, na Biblioteca Municipal de Poio, o mago Pedro Bugarín, ensinándonos unha chea de trucos de maxia nun entretenidísimo obradoiro do que desfrutamos grandes e pequenos.

O mago Bugarín ensina trucos de maxia á cativada en Poio
A empresa Átomos o 27 de agosto preparoulles aos mozos e mozas un Scape Room na biblioteca de Irixoa. Mozos e mozas de Irixoa tiveron que resolver un misterio e intentar sair.
Pois si que conseguiron saír, non quedaron encerrados!

O xoves 3 os asistentes ao obradoiro “Como contar contos” gozaron dunha boa oportunidade para se convertir en mediadores entre os contos e os nenos; dinámicas, temáticas, recursos…


Séguenos