Os nenos e nenas na biblioteca municipal andiveron a procura do tesouro …
e atoparono estaba moi agochado pero deron con él.

O día 7 de outubro no obradoiro Imaxinar tamén conta Celtia Figueiras, coa axuda do seu monicreque Roi Leo, mesturou diversas técnicas e libros da biblioteca para mellorar a capacidade de imaxinación e tamén a comprensión lectora das crianzas que pasaron 75 minutos de diversión e aprendizaxe.


O día 1 de outubro a empresa “Átomos” impartiu un interesante obradoiro de robótica na nosa biblioteca. Os asistentes aprenderon moito e traballaron na confección dun pequeno robot.

Daniel Viéitez tratou de achegar aos cativos/as a importancia de comer ben, seguindo “o raposo Rufo” no seu último libro.
Un taller moi visual no que se involucran os/as pequenos/as para facelo máis divertido.

Que mellor estimulación sensorial para os bebés que os xogos ao son da música e os arrolos tradicionais.
De todo isto gozaron os pequerrechiños de Moeche, as súas nais e outros familiares, o sábado, día cinco, na Biblioteca de Moeche, nun obradoiro a cargo de Esperanza Mara, de EmanArte


Día 2 de outubro de 2020 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Temos a terceira actividade do programa Ler conta moito, trasladada á biblioteca escolar debido á situación que vivimos co coronavirus…
da man de Fatiropina
o 2 de outubro, ás 11:00 na biblioteca escolar
co alumnado de 5º e 6º de Infantildo CEIP de Escairón.
Achegámonos á ciencia e á experimentación da man de Fátima.
Comezamos falando un pouco das mascariñas e da auga e o xabón para lavar as mans.
Despois xa entramos directamente en materia falando da TENSIÓN SUPERFICIAL DA AUGA, algo así como a pel da auga!!!
Como na auga non se ve en, usamos leite para ver o que fai o xabón coa “pel” da auga. Botamos unhas gotiñas de cor no leite e xa postos, vimos a maxia da creación de cores novas a partir das cores primarias (vermello, amarelo e azul): verde, laranxa e morado.

Despois, aproveitando a diferencia de densidades entre o aceite e a auga, usando cores ó óleo flotando na auga colocamos uns trozos de cartón cos que conseguimos obter uns preciosos marcapáxinas totalmente orixinais:
Foi moi divertido cando tamén con fel conseguimos facer fractais con esas gotas de pinturas ó óleo!

Unha sesión de ciencia e arte moi, pero que moi divertida!
Seis adultos que nos acompañarono onte á tarde participaron nun interesante obradoiro que nos fixo reflexionar sobre os roles de xénero na literatura infantil e achegáronos alternativas baseadas envalores positivos, igualitarios e que fomenten a prevención da violencia xénero. Así revisamos moitos contos e axudáronnos a facilitar a escolla de materiais literarios desde unha perspectiva de xénero. 
O pasado xoves 24, levouse a cabo na Biblioteca de Vite o obradoiro “Robótica na biblioteca” da man da “Escola Átomos”.
Foi unha actividade estupenda que achegou ós nenos e nenas ó mundo da tecnoloxía e da robótica. Cunhas nocións precisas os/as participantes foron quen de elaborar a súa propia “pantalla” que puideron levar para as súas casas.


Séguenos