Con “Fíos e Papel”, marionetas na Biblioteca de Moeche

Os nenos e nenas de 1º a 4º cursos de educación primaria de Moeche pasaron una divertida mañá facendo, “con fíos e papel”, marionetas ás que logo fixeron actuar en diversas historias.

Os nenos e nenas de 1º a 4º cursos de educación primaria de Moeche pasaron una divertida mañá facendo, “con fíos e papel”, marionetas ás que logo fixeron actuar en diversas historias.
O pasado día 2 de outubro, Electra Menéndez estivo cun grupiño do alumnado da escola de Galán en Oseiro contándonos as aventuras de “Unha Toupa Arqueóloga”. Durante algo máis de unha hora, Electra estivo coas rapazas e rapaces que viñeron a actividade aprendendo os traballos deste personaxe tan especial e cómo as arqueólogas son capaces en base ás pistas que nos dan os enterramentos dos nosos antergos, saber a qué se dedicaban nas diferentes épocas da nosa historia. O bo facer de Electra e a colaboración da rapazada presente fixo desta, unha xornada de aprendizaxe en igualdade e diversión coa nosa toupa arqueóloga.


O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, o día dous de outubro ás 18.30 h, estiveron na nosa biblioteca e prepararon doces exquisitos (Antón comeu tantos, que colleu un empacho).
Grazas a un libro de receitas, cociñaron unhas madalenas deliciosas que, despois de seren decoradas polas crianzas, resultaron irresistibles.

O sábado 28 realizamos un obradoiro para crear as nosas bolsas en tea con motivos relacionados co iguladade e contra a violencia de xénero da man do Faiado de Nin. A verdade e que quedaron ben bonitas


O venres 27 de setembro realizouse na BPM de Paradela o obradoiro de ilustración “As superheroínas do noso pobo”, da man da escritora e ilustradora Estefanía Padullés.
O obradoiro comezou coa presentación de mulleres relevantes a través da ilustración explicando as distintas técnicas de ilustración usadas para a presentación do personaxe.
Logo os rapaces buscaron nos fondos da bilioteca distintas ilustración que lles puidesen servir de inspiración para facer os seus carteis.
Despois pasaron a facer os bocexos dos seus debuxos para rematar facendo un cartel que representase a unha muller que eles considerasen relevante.
A maioría decidiron debuxar a súa nai, madriña, irmá, avoa, prima…
Sairon propostas moi interesantes!!!ç



Día 27 de setembro de 2019 ás 18:00, na biblioteca de Escairón
Temos a cuarta actividade do ciclo de actividades sobre igualdade na biblioteca con…
da man de Eduvía
o 27 de setembro, ás 18:00 na sala infantil
Chegados á biblioteca, e feitas as pertinentes presentacións sobor do ciclo Biblioteca en Igualdade na que enmarcamos esta actividade, Patricia pasou a contarnos varias historias.

Escoitamos con atención e rimos moitas veces co que lle acontecía á pobre protagonista. Descubrimos que se algo non nos gusta e é inxusto, podemos facer cousas para cambiar o mundo: a protagonista non podía xogar na casa da árbore do seu irmán porque non a deixaban entrar por ser unha nena, así que seguiu o consello da súa nai e fixo a súa propia casiña para xogar coas amigas e cando os nenos quixeron entrar e xogar con elas pensaron en non os deixar entrar, pero como lles parecía inxusto ó final deixáronos xogar con elas porque cantos máis foran, mellor o podían pasar.

Colocamos as cadeiras facendo un tren, e sentamos no chan para seguir pensando na igualdade.





O venres 27 de setembro, adultos, nenas e nenos traballamos coas mans na Biblioteca. Estivemos dedicados á papiroflexia durante hora e media. E disfrutamos!
Miguel Cortés ensinounos a facer cestiños, grullas, rás,…con papeis de cores e sen tesoiras nin pegamentos.
Partindo de 3 premisas: atención, precisión e pacencia, podemos conseguir facer o que nos propoñamos.
Atención para seguir as indicacións de quen nos ensina; precisión, na realización, doblando o papel tal como nos indican. Ademais hai que ter pacencia e calma para realizar o traballo.
Dobreces, máis dobreces, e así obteremos o cadrado máxico, e se lle damos a volta ao papel, teremos un triángulo… A partir de aí, está calquera figura.
Esta arte de dobrar papel é orixinaria de China, logo chegou a Xapón para integrarse na tradición xaponesa e na actualidade está ao alcance de quen a queira disfrutar.
Unha actividade moi ben dirixida por Miguel Cortés e moi ben acollida por adultos, nenas e nenos.
Cada asistente saiu da Biblioteca cun cestiño, unha grulla e unha rá saltarina.
Esta segunda semana visitaron o centro sociocutural do concello de Bóveda (Lugo):
Anxo Moure coa súa “Fábrica de corazóns de papel reciclado” e Sabela Cortizas coa súa proposta “Vermella”. Dous grandes contadores con actividades interactivas e educativas que fixeron as delicias das persoas que asistiron e axudaron moito nesa tarefa de educar contra a violencia de xénero e pola igualdade e a ecoloxía.

Nenos do CEIP Plurilingüe de Ribadavia de 6-8 anos asistiron a unha sesión de contacontos teatralizado e obradoiro posterior titulado “A cabaza encantada” de Teatro Calavera. O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa fixeron as delicias dos nenos primeiros pasandoo en grande no contacontos e logo elaborando unha araña e un morcego de pastelería. Este contacontos está enmarcado no programa de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero nas bibliotecas. Finalizamos a sesión participando no proxecto de Rodando a pelota pola igualdade e a diversidade iniciada pola escola unitaria de Ombre
Estas son as fotos:





Elisabet Hillerud marabillounos coas súas creacións elaboradas co método zentangle.



Na tarde do mércores 25 de setembro descubrimos que se poden realizar cun lápis e un rotulador fermosas imaxes, sen necesidade de ser expertos debuxantes.
A técnica zentangle é moi sinxela e os resultados son espectaculares, e ata unha nena ou neno ben pequeño o pode facer. Consiste en ir trazando patróns repetitivos, por exemplo espirais ata formar belas imaxes.
É unha técnica moi relaxante para quen a utiliza, que conduce á concentración e á tranquilidade. A través do zentangle actívase a autoestima, pois os resultados son moi impactantes sen necesidade de saber debuxar, simplemente tendo paciencia para seguir as secuencias. Unha maneira tamén de fomentar a sensibilidade artística.
Ao comezo da actividade Elisabet entrégalle a cada participante un caderno en blanco, cosido á man. Cando rematan levan para a casa unha pequena alfada na que poden ir dando conta das súas lecturas, e seguir ilustrando o interior das súas páxinas.
Elisabet Hillerud, magnífica. Transmite moi ben o entusiasmo polo zentangle.
Actividade moi recomendable.


Séguenos